O TÚMULO DA COVA DE OURO E O PETRÓGLIFO RETICULADO DE LANGOIRA, DOUS NOVOS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DA MARIÑA
Estes dous bens patrimoniais foron incluídos polo citado Servizo de Patrimonio no inventario de xacementos arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural coas claves GA27064019 e GA270130 respectivamente.
Segundo os expertos, os petróglifos reticulados son dos máis antigos de Galiza, coñécense poucas rochas con este tipo tipo de gravuras e concéntranse case exclusivamente na provincia de Pontevedra.
O túmulo da Cova de Ouro probablemente deba o seu nome ao feito de que o ouro frecuentemente formaba parte do enxoval funerario enterrado nas mámoas.
Estes dous novos achados súmanse á lista de xacementos arqueolóxicos da Mariña, amosando a riqueza patrimonial da comarca.