Site icon Crónica3.com A Mariña

Marosa Jazz Project presenta o seu novo disco este venres 11 de maio no Atrezzo Café de Burela con un concerto

Marosa Jazz Project presenta o seu novo disco este venres 11 de maio no Atrezzo Café de Burela con un concerto

O cuarteto de latin-jazz fussion burelés presenta o seu novo traballo discográfico. O álbum, que leva por título “MJP” foi presentado oficialmente o pasado venres 27 de abril na Fundación Paideia Galiza da Coruña por Rosalía Mera (Presidenta de Paideia), Claudio Cifuentes “Cifu” (historiador, comentarista musical, periodista e locutor en Radio Nacional de España) e Nonito Pereira (crítico musical), na que oficialmente se lle facía entrega á agrupación do premio por gañar o Premio do Público a nivel de toda España no “I Concurso de Maquetas Musicales Jazz Fussion 2011” organizada por Fundación Paideia Galiza e tendas FNAC España.

En palabras do crítico musical Nonito Pereira nunha crítica súa o pasado mes abril nun artigo de El Ideal Gallego <>.

Este venres 11 de maio de 2012 ás 23:00 horas, Marosa Jazz Project ofrecerá un concerto no Atrezzo Café de Burela no que se interpretarán as pezas do seu novo disco para presentalo ao público da Mariña lucense. A entrada é de balde. Con este concerto, o cuarteto inicia toda unha axenda de actuación por toda a xeografía galega.

Exit mobile version