MONDOÑEDO, PARTIDO XUDICIAL
Esta proposta (redactada por: Manuel Almenar Belenguer, membro porposto polo PP, dona Inmaculada Montalbán Huertas, proposta polo PSOE, Margarita Robles Fernandez, proposta polo PSOE, e Gabriela Bravo Sanestanislao, Proposta polo Psoe) nace cunha vocacion marcadamente provisional, abre un proceso de debate enviandose, de xeito inmediato para o seu análise as salas do goberno dos tribunais superiores de xustiza, para que fagan os comentarios e observacions que consideren oportunas.
Trátase de deseñar unha demarcacion sobre parámetros obxectivos e orientados a asegurar o principio de eficacia da xustiza, e comporta a reducción dos 431 partidos xudiciais actuais ( que non xulgados) a un numero que oscila entre os 190 e 200.
en términos do propio, informe, esta meta non ten poruqe supor a desaparición da presenza xudicial nos partidos ( enténdase por partido, a unidade territorial para a administración de xustiza, integrado por un ou varios municipios), senón que precisamente a idea de aproveitamento e coordinación de recursos e maior efectividade din que esixe ponderar todas as circunstancias e actuar coa máxima flexibilidade, de maneira que nalguns lugares a reordenación pasará polo mentemento das infraestructuras dos partidos, en outro pola sustitución a oficinas que permitan a práctica de determinadas dilixencias e atender a un desplazamento eventual da autoridade xudicial e en última instancia, a sua desaparición.
Dito isto, e centrándonos en Mondoñedo, este novo mapa, propon un novo partido xudicial que englobaria VIVEIRO, MONDOÑEDO E VILALBA. Comprendendo 6 xulgados e cunha poboación de 116053 habitantes. E en principio, analizando os parámetros obxectivos que servirán de base para a articulación final un deles por exemplo: con carácter xeral as ciscunsripcions resultantes deberán de ter unha poboación superior a 100000 habitantes e o desprazamento dende os nucleos de poboación ata a cabeceira non poderan exceder dunha hora a través das vias de comunicación existentes… por exemplo, por indicar un dato digno de interpretación obxectiva, o mellor máis que un problema, este novo marco, para Mondoñedo, sendo especialmente prudentes, pode ser unha OPORTUNIDADE.
Dito isto, o Partido Popular de Mondoñedo, quere deixar claro o posicionamento firme de seguir solicitando a discriminación positiva para a nosa localidade.
Rexeitar publicamente as palabras do Ministro Gallardón, a vez que pedir disculpas os mindonienses por comentarios ( probablemente fora de contexto e sen mala intención) vertidos a prensa nos pasados días.
E decir que unha vez máis, mantén o compromiso cos mindonienses, en loitar por un futuro mellor para Mondoñedo, e dende logo, neste tema con contundencia e CLARIDADE apoiar o mantemento da actividade xudicial na nosa cidade.
Deste xeito, e buscando a unidade, rexistratá na vindeira sesión plenaria unha declaracion institucional de apoio para a defensa de Mondoñedo.
Por agora, prudencia, sensatez nas afirmacións e compromiso pola nosa parte TRABALLAR, TRABALLAR E TRABALLAR
Elena Candia López, portavoz do PP local de Mondoñedo