Site icon Crónica3.com A Mariña

NN.XX do PP organizan o Foro Turismo “A Mariña”

Programa: Foro Turismo “A Mariña”

Inicio: O acto terá lugar as 18:00 do 5 de Maio no Salón de Actos do edificio do Cenima en Foz.

Benvida de Javier Jorge Castiñeira, Alcalde do Concello de Foz.

Video: proxección dun video sobre A Mariña.

Moderador: Roberto Fernández Pena, Presidente de Novas Xeracións de Foz.

Ponentes:

José Carlos Paleo, Presidente de A.C.I.A. Foz (Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz).

Pascual Tarrón Couto, Xerente dunha casa de turismo rural, A Casa de Piego en San Acisclo (Foz), e Secretario da Asociación de Turismo Rural de A Mariña (ATURMAR)

Azucena González Loredo, concelleira do PP en Ribadeo, foi Xerente Comarcal da Mariña Oriental e fixo un Máster en Xestión de Destinos Turísticos.

José Manuel Orriols, periodista na Televisión de Galicia.

Paloma Vázquez Fernández, Xefa do Servizo de Turismo de Lugo da Xunta de Galicia.

Tema: Os diferentes ponentes darán o seu punto de vista e a súa perspectiva sobre os seguintes temas:

a) Presente e situación actual do sector turístico na comarca.

b) Problemática existente e medidas que leva a cabo e que debería levar a cabo a Administración.

c) Opinión sobre a Q de Calidade.

d) Futuro do sector na Mariña.

Despois de que os ponentes expoñan a súa opinión abrirase una rolda de preguntas.

Clausura:

Daniel Vega Pérez, Presidente de Novas Xeracións da Provincia de Lugo.

Juan Francisco López Prieto, Secretario Xeral de Novas Xeracións de Galicia

José Manuel Barreiro, Presidente do Partido Popular da Provincia de Lugo e Portavoz do PP no Senado.

Remitido

Exit mobile version