O turismo na Mariña: fonte de análise nun foro organizado esta tarde por Novas Xeracións
A xornada celebrouse no Salón de Actos do Edificio Cenima de Foz coa presenza, entre outros, da deputada autonómica, Emma Álvarez Chao
Os ponentes analizaron a situación actual, problemáticas e futuro do sector turístico na Mariña
A xornada pretendía coñecer o potencial do sector turístico e a súa necesidade de aproveitamento e explotación nunha comarca fortemente castigada pola crise. Así o puxo de manifesto o presidente provincial, Daniel Vega, quen defendeu a necesidade de unificar proxectos entre os distintos concellos e tomar decisións conxuntas que permitan unha mellor optimación dos recursos turísticos na Mariña.
Na mesa redonda sobre a análise do sector turístico participaron, entre outros, o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo; o xerente dunha casa de turismo rural, A Casa de Piego en San Acisclo (Foz) e secretario da Asociación de Turismo Rural da Mariña (Aturmar), Pascual Tarrón Couto. Tamén interviron a concelleira do PP de Ribadeo e xerente comarcal da Mariña Oriental cun máster en Xestión de Destinos Turísticos, Azucena González Loredo, así como a xefa do servizo de Turismo de Lugo da Xunta de Galicia, Paloma Vázquez Fernández. A mesa redonda, moderada polo presidente do NN.XX. de Foz, Roberto Fernández Pena, completouse coa intervención do xornalista da Televisión de Galicia, José Manuel Orriols.
O acto estivo inaugurado polo alcalde de Foz Javier Jorge Castiñeira, tras cuxa intervención proxectaron un video sobre a Mariña.
Na clausura do acto participaron o secretario xeral de NN.XX de Galicia, Juan Francisco López Prieto e o presidente provincial de NN.XX, Daniel Vega; mentras que entre os asistentes estivo a deputada autonómica, Emma Álvarez Chao.
Remitido