Site icon Crónica3.com A Mariña

O 15M volve saír ás prazas nunha xornada de mobilización global o 12 de maio en Ribadeo

Despois dun ano, as persoas do movemento 15m volveremos a saír ás prazas nunha xornada de
mobilización global, ocupando un espazo que é noso, das veciñas e veciños. Non será unha
celebración nostálxica dos acontecementos do 2011, pero si unha maneira alegre de volver a estar
xuntas, para seguirmos pensando que mundo queremos; sabemos que outro mundo é posible,
atrevámonos a pensalo e a facelo entre todos. Recomezamos este sábado 12 de maio, no Cantón de
Ribadeo ás 12 da mañá cunha concentración, seguida dun xantar popular.
Asemblea 15M Occidente Asturiano- Mariña Lucense

Exit mobile version