Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo asinou coa Xunta un convenio para a mellora da praza de Santa Catalina en Rinlo

SUÁREZ BARCIA ASINOU CON AGUSTÍN HERNÁNDEZ UN CONVENIO PARA PROCEDER AO ACONDICIONAMENTO DA PRAZA DE SANTA CATALINA EN RINLO. O REXEDOR TAMÉN FALOU CO CONSELLEIRO DO SANEAMENTO DE DOMPIÑOR E DA PRAIA DE AS CATEDRAIS.

Ribadeo, 21 de maio de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinou en Santiago co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, un convenio para proceder ao acondicionamento da praza de Santa Catalina en Rinlo. Trátase dos primeiros traballos de recuperación deste núcleo. O rexedor falou tamén con Hernández da praia das Catedrais e do saneamento de Dompiñor.

Suárez Barcia sinalou que “hoxe é un día importante para a parroquia de Rinlo, dado que asinamos en Santiago un convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, para ampliar a remozar a plaza de Santa Catalina, que é unha zona histórico-tradicional e que por mor desta área de de rehabilitación integral que creamos en Rinlo é a partires de aí cando, aparte das axudas á rehabilitación, tamén hai unha serie de espazos públicos que se poñen en valor”. O alcalde explicou que “nesta praza haberá algún cambio no tráfico e remozaráse o parque infantil. Rinlo é unha parroquia que nos últimos anos ten tamén un importante atractivo turístico, debido á vinculación co mar e coa terra destas xentes, e tamén coa restauración que se puxo en marcha nos últimos anos. Todo isto fai que cada vez vaia máis xente a Rinlo, na escala que fan en Ribadeo”.

As obras na praza de Santa Catalina suporán un investimento de 140.000 euros.

Fernando Suárez agradecéulle á Xunta este compromiso con esta parroquia, “e ao conselleiro tamén lle plantexei outros temas de importancia para o noso concello, como o saneamento pendente en Dompiñor que nos imposibilita poñer en funcionamento o que temos feito na parroquia de Piñeira, concretamente no núcleo de Folgosa. Tamén falamos da praia das Catedrais e lle pedimos implicación á Consellería de Medio Ambiente. Agardamos que estas conversas en pouco tempo dean os seus froitos”.

Exit mobile version