Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo pide á conselleira de Traballo e Benestar que reciba e escoite á Comision Municipal pro-residencia

FERNANDO SUÁREZ VEN DE ENVIARLLE UNHA CARTA Á CONSELLEIRA DE TRABALLO DE BENESTAR NA QUE LLE SOLICITA UNHA ENTREVISTA PARA QUE A COMISIÓN MUNICIPAL PRO-RESIDENCIA DE MAIORES LLE EXPLIQUE A NECESIDADE QUE TEN RIBADEO DE CONTAR CUN CENTRO DESTE TIPO.

Ribadeo, 24 de maio de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, ven de enviarlle unha carta á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na que lle solicita unha entrevista para que a comisión municipal pro-residencia de maiores lle explique a necesidade que ten Ribadeo de contar cun centro destas características.

Na carta o rexedor lembra que “dende hai tempo se ten intentado unha entrevista con vostede para a exposición das nosas pretensións sobre este asunto. A Sra. Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo comprometéuse, no seu día, a concretar unha entrevista con vostede, sen que ata esta data se obtivera resposta algunha”. Suárez Barcia alude ao acordo plenario aprobado por unanimidade pola Corporación Municipal, e que lle foi remitido á Consellería de Traballo e Benestar o pasado 19 de abril.

O alcalde ribadense dille a Mato Otero na carta que lle remitiu que “igualmente o pasado 22 de abril, domingo, tivo lugar nesta vila de Ribadeo unha manifestación da plataforma de veciños, cun amplísimo seguimento popular, amosando deste xeito o sentemento de necesidade desta infrestructura para Ribadeo do que, naturalmente, se fai portavoz ademáis este Alcalde”. O escrito remata “á vista de todo o exposto, dende esta Alcaldía diríxime a vostede de xeito directo co fin de reiterar a solicitude de entrevista entre vostede e a Comisión Institucional creada para poder expoñerlle axeitadamente todos estes pormenores en relación ao asunto que nos ocupa”.

—-

Alcaldía
Sra. Dona Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar
Xunta de Galicia
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Ribadeo, 23/05/2012.
Estimada Conselleira:

Como vé. Ben saberá en Ribadeo está constituida unha “Comision Municipal pro-residencia de Maiores” cuxo obxectivo único e final é a instalación nesta localidade dunha Residencia para persoas maiores.

Dende hai tempo se ten intentado unha entrevista con Vé. para a exposición das nosas pretensións sobre este asunto.

A Sra.Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, comprometeuse, no seu día, á concertar unha entrevista con vostede, sen que ata esta data se obtivera resposta algunha.

Xa en período mais recente, o Pleno do Concello, concretamente con data 19 de abril de 2012, en sesión extraordinaria e urxente ao efecto, acordou por unanimdade de todolos seus membros Apoiar a reivindicación da construción e posta en marcha dunha Residencia da Terceira Idade no noso Concello e as xestións feitas, neste sentido, pola Comisión Institucional pro Residencia da Terceira Idade, conformada polos representantes dos grupos políticos e membros da plataforma de asociacións veciñais.

Solicitar da Xunta de Galicia, como institución determinante na consecución deste obxectivo, a inclusión e previsión en Ribadeo dun centro residencial para maiores dentro do Mapa de Residencias de Galicia.

Reclamar o necesario apoio, colaboración e compromiso do conxunto das diferentes administracións para a consecución deste obxectivo.

Apoiar a manifestación convocada para o día 22 de abril, ás 12.00 horas, na Praciña de san Roque, pola Plataforma pro Residencia da 3ª Idade.

Este acordo plenario foi remitido a esa Consellería, de xeito oficial, o mesmo dia 19 de abril ppdo. Igualmente o pasado día 21 de abril, domingo, tivo lugar nesta Vila de Ribadeo unha manifestación da Plataforma de veciños, cun amplíximo seguemento popular, amosando deste xeito o sentemento de necesidade desta infraestrutura para a Vila do que, naturalmente, se fai portavoz ademáis este Alcalde.

Á vista de todo o exposto, dende esta Alcaldía diríxome a Vé. de xeito direto co fín de reiterar a solicitude de entrevista entre vostede e a Comisión Institucional creada para poder expoñerlle axeitadamente todos estes pormenores en relación ao asunto que nos ocupa.

Á espera da súa resposta, reciba un cordial saúdo.
Asdo.Fernando Suárez Barcia

Exit mobile version