Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG chama a mobilizarse para parar as agresións ao ensino e a sanidade

O BNG CHAMA A MOBILIZARSE PARA PARAR AS AGRESIÓNS AO ENSINO E A SANIDADE.

O Portavoz nacional do BNG afirma que a derrota do PP é posíbel é necesaria.

A Mariña ,5 de Maio. Unha afluencia moi numerosa de militantes e o alto nível de participación no debate están a ser os trazos definitorios da xeira de reunións da Executiva Nacional coa asemblea comarcal en que se estrutura o BNG.

Nesta asemblea -ás que asisten o portavoz nacional, Guillerme Vázquez, e a secretaria de Organización , Monstse Prado, – estanse a analisar os retos e desafíos que o Bloque ten por diante na actual conxuntura política, caracterizada polo notorio desgaste do Partido Popular e pola reacción social ante a brutal política de recortes dos dereitos sociais e nacionais das galegas e dos galegos.

A única vía para derrotar o PP é o avanzo do Bloque Nacionalista Galego. Está a ficar ben patente nestas reunións que o BNG é a única alternativa real ao Partido Popular, a única vía para materializar o cambio político que Galiza precisa.

CONTRA AS POLÍTICAS DE RECORTES

Única alternativa real porque só o BNG se opuxo desde o principio da crise á aplicación das políticas de recorte do gasto público que en todo o ámbito da Unión Europea practicaron tanto gobernos socialdemócratas -entre eles o do PSOE no Estado español- como conservadores.

O BNG advertiu desde o momento en que estourou a tamén chamada Grande Recesión que as políticas liberais só provocarían un maior estancamento da economía e unha maior destrución do tecido produtivo, coa conseguinte secuela en termos de destrución de emprego.

Estas políticas son letais para calquer territorio, mais sono aínda máis para economías periféricas e dependentes como a galega, polo cal a alternativa a elas só pode vir dunha forza política que alía a protección dos dereitos sociais coa defensa dos dereitos nacionais de Galiza.

É NECESARIO E É POSÍBEL DERROTAR O PP

Do debate das distintas asembleas celebradas até o de agora tírase a conclusión de que a derrota política do PP non é só necesaria, senón que tamén é posíbel, dado o grao de contestación social que as súas políticas están a provocar entre as galegas e os galegos.

A chave para derrotar o PP pasa por reforzar as posicións do Bloque Nacionalista Galego, esa é a idea forza que resume as asembleas.

NA DEFENSA DO EMPREGO COM DEREITOS

Na mesma xuntanza os nacionalistas denunciaron a destrucción do emprego na Comarca e criticaron que por parte da patrobal se esta a utilizar a crise como coartada para empeoran as condicións de vida dos traballadores do que é unha expresión a situación que se vive nas auxiliares de Alcoa co que os nacionalistas expresaron a súa solidariedade.

Exit mobile version