Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Lourenzá asegura que se adicaron de mais de 100 mil euros a unha pista sen a certeza de si é parte do Camiño de Santiago

O Goberno Local de Lourenzá promoveu coa S.A. do Xacobeo obras de arranxo nunha pista forestal por mais de 100.000 euros sen ter claro si esta formaba parte do Camiño Norte de Santiago.
O nacionalista pregúntase si cando o goberno local promoveu o financiamento da S.A. do Xacobeo para o arranxo do camiño contaba con informes técnicos que avalaran que este era parte do Camiño Norte ou so se dedicaron a malgastar o diñeiro público.
Os nacionalistas defenderán no pleno o mantemento nas achegas da Xunta para o SAF básico xa que se pon en xogo o servizo e postos de traballo de moitas persoas.

Lourenzá, 15 de maio de 2012. O BNG de Lourenzá cualificou de “política do desconcerto” unha iniciativa do goberno local a debate na sesión plenaria do próximo martes onde o goberno local corríxese a si mesmo ao negar agora a coincidencia dun tramo do Camiño Norte ao seu paso pola Parroquia de San Xurxo onde a S.A. do Xacobeo executou recentemente obras por importe de mais de 100.000 euros e que agora, segundo o propio goberno local, xa non está claro que forme parte dun dos trazados do Camiño de Santiago. Os nacionalistas pregúntanse si as actuacións executadas pola S.A. do Xacobeo e promovidas polo goberno local contaban con informes técnicos que avalaran a súa pertenza ao Camiño Norte xa que de non ser así, ademais de causar importantes prexuízos económicos a propietarios forestais que non poden neste momento aproveitar ese treito para sacas de madeira, estariamos diante dun malgasto de cartos públicos que supera os 100.000 euros.

Dende que o goberno local coa colaboracións financeira da S.A. do Xacobeo executou obras neste camiño aos propietarios forestais non se lles permite o uso desa pista para as súas labores causando xa cuantiosas perdas económicas.
O portavoz municipal do BNG de Lourenzá acusou ao goberno local de “rirse da xente e malgastar cartos públicos no arranxo dun camiño que nin serve ás necesidades dos veciños, nin como recoñece o propio goberno local ten uso por parte de peregrinos, nin ten avalada a súa condición de Camiño Norte de Santiago” . Cesar Docampo dixo “non saír do seu asombro” ao ler a proposta que o goberno local levará a pleno o vindeiro martes na que “textualmente” pide que se estude “en base a criterios técnicos e históricos o trazado do Camiño Norte na súa entrada en Lourenzá dende Trabada polo barrio de San Lourenzo(Parroquia de San Xurxo) a fin de delimitar esta variante, e en calquera caso, fora da pista forestal aberta polos veciños para mellor aproveitamento forestal”. Cesar Docampo aclarou que foi o propio goberno municipal quen promoveu e a S.A. do Xacobeo quen executou obras nese tramo, polo que agora se demostra, sen ter informes técnicos e históricos que avalaran a súa pertenza ao Camiño Norte, “ É inconcibíbel e demostra a pouca seriedade do goberno local e autonómico que se malgasten mais de 100.000 euros nunhas actuacións que ademais de non contar con avais técnicos e históricos que acrediten a súa necesidade, causaron prexuízos económicos para os veciños ao non permitir o paso de maquinaria pesada para labores forestais e sacas de madeira”
O BNG critica o recorte da Xunta no financiamento do SAF que pretende deixar a cero as súas achegas a concellos de menos de 20.000 habitantes.
Cesar Docampo defenderá no pleno do martes a necesidade de que a Xunta manteña as axudas ao concello de Lourenzá para o servizo de Axuda no Fogar(SAF) que de acordo co Decreto 99/2012 pretende deixar a cero desentendéndose das súas obrigas e derivando a totalidade do financiamento na Area de Benestar da Deputación que xa aportou no 2011 mais fondos que o goberno galego e neste ano incrementou nun 20% en relación a 2011. “O nacionalista acusou ao Partido Popular de insensíbel e de estar mais pendente de salvar á banca privada que en atender as necesidades da xente” , en relación aos 15.000 millóns de euros que o goberno do estado lle aportará a Bankia ao tempo que recorta nun 48% as transferencias ao Plan Concertado.
Docampo puntualizou que a Consellaría de Benestar só atenderá nos concellos de menos de 20.000 habitantes, como é o caso de Lourenzá, a persoas co certificado de dependencia(PIA) con fondos que proveñen de transferencias do Estado e que neste ano se rebaixaron en 18 millóns de euros. Ao tempo destacou que no caso de Lourenzá as achegas da Xunta en relación á Deputación de Lugo no Servizo de Axuda no Fogar Básica, xa foron menores no 2011, e no conxunto da Provincia incrementou dos 500.000 euros de 2011 aos 600.000 de 2012 mentres a Xunta pasou de 1.136. 0000 no 2010 a 454.000 no 2011 e pretende cero euros no 2012.
Para mais gravidade, Docampo lembrou que o propio Consello Consultivo de Galiza “pon negro sobre branco” tachas de legalidade sobre o Decreto 99/2012 pola tramitación do decreto e observa a carencia do preceptivo informe dos Servizos Xurídicos da Xunta.

Exit mobile version