Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG participou nunha reunión con representantes das principais agrupacións sindicais para analizar a situación actual dos traballadores e traballadoras de Alcoa

O BNG DA MARIÑA APOIA AOS TRABALLADORES DE ALCOA

Antonio Veiga participou nunha reunión con representantes das principais agrupacións sindicais para analizar a situación actual dos traballadores e traballadoras de Alcoa e das súas empresas auxiliares

Neste encontro tamén estivo o parlamentar nacionalista Fernando Branco Parga, que se comprometeu a achegar estas cuestións ao Parlamento Galego

San Cibrao, 25 de maio de 2012. Hoxe pola tarde, o responsábel comarcal do BNG da Mariña, Antonio Veiga; e o parlamentar nacionalista Fernando Branco Parga, mantiveron unha reunión con respresentantes das tres agrupacións sindicais máis representativas, para analizar a situación que se está a dar actualmente en Alcoa e nas súas empresas auxiliares, a partires da entrada en vigor da reforma laboral. Neste encontro, no que non houbo ningún representante do Partido Popular, tamén participou o socialista José Ramón Val.

Antonio Veiga quixo transmitir o seu apoio ás reivindicacións de todos os traballadores, no seu conxunto, tanto a empregados das empresas auxiliares como da propia Alcoa e afirmou que “con esta reforma laboral as emrpesas están reducindo os dereitos laborais dos traballadores e incluso procedendo aos despidos de persoal. E todo isto demostra que esta reforma o único que está creando é máis problemas que solucións, e nese sentido as reivindicacións que están facendo as agrupacións sindicais son xustas e necesarias”.

Antonio Veiga referiuse á lexislatura laboral que agora está en vigor como “unha lei que socava dereitos dos traballadores e traballadoras, actuando para iso sobre a rebaixa das indemnizacións por despedimento, a ampliación das facultades da empresa para ordenar modificacións discrecionais nas condicións de traballo e a devaluación da negociación laboral. O obxectivo último é a procura dunha maior precariedade e desregulación nas relacións laborais, que conduzan a unha redución real das rendas salariais, que xa viñan sufrindo un retroceso antes e, sobre todo, despois do estoupido da crise fronte ás rendas de capital”.

Pola súa banda, o parlamentar Fernando Branco Parga comprometeuse a levar ao Parlamento Galego as cuestións abordadas nesta reunión en materia de reforma laboral e informou de que “desde o Bloque Nacionalista Galego vamos socializar este problema presentando mocións no conxunto de concellos da Mariña”.

Outro dos temas que preocupa a Alcoa actualmente é a tarifa enerxética, que caducará en decembro deste 2012, tamén foi tratado na reunión da tarde de hoxe, posto que Fernando Branco, como responsable de política industrial da Executiva Nacional da Federación de Químicas e Enerxía da CIG, coñece perfectamente a cuestión enerxética en relación á tarifa específica de suministro eléctrico que ten Alcoa.

Exit mobile version