Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo recorda que o 2 de maio fixo 10 anos que o goberno local asinou a elaboración do PXOM

Si hoxe se quixera acometer o cinto industrial de Alcoa sería imposíbel póla parálise do goberno local na elaboración do PXOM

O pasado 2 de maio fixo 10 anos que o goberno local asinou coa empresa redactora o inicio dos trámites e seguimos agardando pola aprobación inicial.

Ao contrario do concello de Xove en Cervo o goberno local dedicouse a dilatar no tempo a redacción do documento.

Cervo, 18 de maio de 2012. O BNG cervense criticou a parálise na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal que cumpriu o pasado 2 de maio 10 anos de agarda dende a sinatura do contrato de redacción coa empresa encargada de elaboralo. Os nacionalistas critican que durante este tempo os únicos trámites administrativos foron a exposición pública do avance en maio de 2004 e en novembro de 2010 a súa remisión á Consellaría de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas para que emisión do informe medioambiental e estratéxico previo á aprobación provisional que segundo a planificación temporal debería terse feito en novembro do ano pasado. Polo medio numerosos incumprimentos de prazos, devolución de subvencións para a súa redacción por este motivo, tres cambios na planificación temporal e a constatación de que en Xove fan mellor as cousas, e hoxe, si quixeramos desenvolver o cinto industrial de Alcoa sería imposíbel porque o goberno municipal de Cervo non fixo os seus deberes.

Si quixeramos desenvolver hoxe o cinto industrial de Alcoa sería imposíbel por non estar os terreos adaptados á lexislación urbanística.

O BNG comparou hoxe a tramitación do PXOM de Xove coa parálise existente en Cervo para a aprobación do mesmo documento, “clave para o desenvolvemento urbanístico do municipio mais tamén para o desenvolvemento industrial”. Os nacionalistas, por medio do seu portavoz municipal, Xoán Antón Estúa, criticaron “o paso de tartaruga” que o goberno local lle está dando a este documento “que faría imposíbel desenvolver hoxe o cinto industrial de Alcoa por non ter adaptado o solo ás necesidades urbanísticas requiridas para esta actuación”. Estúa criticou a incoherencia dos representantes do goberno local que “por unha banda reclamaron insistentemente o cinto industrial e por outra, na súa casa non fixeron os deberes”

En 10 anos so dous trámites administrativos e varios cambios na planificación temporal para a redacción e aprobación do documento

Durante os últimos 10 anos os únicos trámites administrativos en relación ao PXOM de Cervo déronse en maio de 2004 a exposición pública do avance e en novembro de 2010 a súa remisión á CMATI para informe medioambiental e estratéxico previo á aprobación provisional. Polo medio tres modificacións na planificación dos procedementos administrativos, devolucións de axudas á Xunta por non cumprir as condicións nos tempos de elaboración e imos camiño da cuarta xa que en novembro xa tiña que terse levado a pleno a aprobación provisional. “Estúa acusou ao goberno local de paralizar intencionadamente a redacción, especialmente nos anos do estoupido inmobiliario, o que non se entende é que agora sigan na mesma liña”

Exit mobile version