Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela Pescados Rubén mídese ao anfitrión da Copa de España 2012

O BURELA PESCADOS RUBÉN MÍDESE AO ANFITRIÓN DE COPA

O Burela Pescados Rubén afronta o penúltimo envite da tempada en Vista Alegre ante un Valladolid FSF en plena loita por salvar a categoría. O encontro dispútase o domingo día 20, a partir das 12.00 horas. O anfitrión da Copa de España 2012 visita a pista burelense coa difícil misión de conquistar os tres puntos ante un Burela con ganas de iniciar un novo refacho vitorioso.
O conxunto dirixido por Javier Pardeiro encara o tramo final da competición co obxectivo de preparar a Copa de España. E para iso, nada mellor que lograr clasificarse no podio ligueiro. O equipo valisoletano posúe un maior potencial do que reflicte a clasificación como proban os empates ante Ponte Ourense e Cajasur Córdoba, nas dúas últimas xornadas. Do mesmo xeito que en tempadas anteriores, a referencia pucelana é Rosángela que chega ao final de liga nun gran estado de forma. Por parte do conxunto burelense, Javier Pardeiro poderá contar con todas as súas xogadoras, excepción de Lucía, e co ánimo de brindar, unha vez máis, unha excelente xornada de fútbol sala á súa afección.
Lucía Nespereira. A peche laranxa continúa coa súa recuperación de forma satisfactoria, cumprindo os prazos previstos grazas á súa enorme entrega e a supervisión de Afonso Mera, preparador físico, e os servizos de Fisioterapia L2. Lucía acumula xa tres semanas de carreira contínua e comezou a realizar sesións de pista. Superou tamén a proba inicial de contacto con balón e xa realiza exercicios moderados sen ningún tipo de molestia no seu xeonllo dereito.

Exit mobile version