A VERMELLA VOLVE AO CAMPUS MIXTO INTERNACIONAL DE FÚTBOL SALA BASE BURELA FS (12,13 E 14 DE XULLO)
Achégase o verán e con el a gran cita para o fútbol sala de base na Mariña. O Campus Mixto Internacional Burela FS, que xa tivo o privilexio de aprender co seleccionador español, José Venancio López Hierro, regresará á axenda estival deportiva na súa sexta edición, entre o 12 e o 14 de xullo, con César Arcones e Antonio Bores, adestrador de porteiros e preparador físico da Vermella, respectivamente, entre o seu profesorado.
Tarifas. O prezo da matrícula para o alumnado da ED EON Burela FS e dos clubs vinculados á entidade laranxa por convenios será de 35 euros e para o resto de 50. Aqueles/as alumnos/as que o desexen tamén poderán escoller entre un réxime de media pensión (25 euros máis) e un de pensión completa (60 euros máis).
Nos próximos días o club burelista cerrará a súa lista de invitados/as para o Campus Mixto Internacional e ofrecerá información máis detallada.
En 2011, a cita laranxa da base por excelencia contou coa visita do seleccionador de Romanía, Sito Rivera, e o adestrador do Reale Cartagena, Luis Fonseca, ademais diferentes representantes do club burelista e monitores. Nestes cinco anos, polo Campus tamén pasaron o actual presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano, na súa etapa como seleccionador español; Eduardo Sao-Thiago Lentz, Duda, adestrador de ElPozo Murcia; José Mª. Méndez, Pulpis, seleccionador de Tailandia; Bruno García, ex-técnico do Azkar Lugo e seleccionador de Galicia; María Varela Bardanca, seleccionadora de Galicia Feminina; o ex-internacional Javier Orol; os adestradores Paulo Eduardo Jesús Pinho ‘Padú’, Juan Miguel García ‘Juanito’, Quique García…