Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS abre a venda anticipada de entradas, nas súas oficinas, para o encontro co Manzanares FS

O BURELA FS ABRE A VENDA ANTICIPADA PARA OUTRA FESTA LARANXA, SÁBADO 19 (18.45 HORAS)

Dende hoxe mesmo, o CD Burela FS xa ten á disposición de todas as persoas interesadas a venda anticipada de entradas, nas súas oficinas, para outra festa laranxa, o encontro que enfrontará o equipo burelista e o Manzanares FS o sábado (Vista Alegre, 18.45 horas), 19 de maio, no inicio da primeira eliminatoria de play off á Primeira División.

As tarifas para os SOCIOS/AS da entidade serán de 3 euros os NON SOCIOS/AS deberán abonar 10 euros. As entradas de socio tan só se poderán retirar presentando o carné do CD Burela FS 2011-12.

No sétimo play off da historia laranxa, a escuadra mariñá recibirá o Manzanares, rival con xogadores moi veteranos que asinou unha extraordinaria traxectoria no seu debut na categoría. Na liga houbo repartición de puntos co factor cancha como fortaleza; en Vista Alegre o Burela FS sentenciou cun contundente 10-3, mentres que en Cidade Real a vitoria foi para os casteláns por un axustado 3-2.

Todos os afeccionados/as que acudan á bomboneira este sábado poderán acceder ao sorteo dun Time Force, reloxo oficial da LNFS, durante o descanso do encontro.

Horario de atención ao público: De luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00

Exit mobile version