Site icon Crónica3.com A Mariña

O CIM e a Concellaría de Igualdade de Ribadeo volven a organizar a actividade “Os domingos a pé”

VOLTAN OS DOMINGOS A PÉ CO ROTEIRO DO RÍO LANDRO-VIVEIRO. SERÁ O 3 DE XUÑO. ESTA ACTIVIDADE ESTÁ ORGANIZADA POLO CIM E POLA CONCELLARÍA DE IGUALDADE.

Ribadeo, 26 de maio de 2012. O vindeiro 3 de xuño voltan os Domingos a pé, que organizan a Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres. O lugar elexido para disfrutar desta actividade é o roteiro do río Landro-Viveiro.

Desde o CIM apuntan que “volta ese tempo noso, só das mulleres adultas da casa, un tempo para nós, para compartir con outras veciñas e amigas as nosas preocupacións, para evadírmonos das tarefas diarias cotirás, para rírmonos un pouco e facer exercizo. Así buscamos ese tempo propio tan difícil de conseguir no caso das mulleres sometidas á xornada laboral e á compatibilización da mesma coas tarefas domésticas e ás veces coa tarefa engadida de coidados das persoas maiores da casa. Esa dupla e triple xornada require un respiro. E as veces non somos capaces de facelo”.

Os Domingos a pé chegan cargados de relax, emocións e novas fazañas. O 3 de xuño discorrerá polo roteiro do río Landro-Viveiro. A saída será ás 11 horas desde a estación de tren de FEVE en Ribadeo. Desde o CIM indican que “como sempre tedes que levar a comida e roupa cómoda. O custe do billete do tren anda arredor dos 8,20 euros, que se reduce á metade para as persoas maiores que contan coa tarxeta azul”. Ademais do roteiro polo río Landro as participantes darán un paseo polo casco histórico para coñecer mellor Viveiro.

Exit mobile version