No mencionado acto, que contou coa presenza do Alcalde, Vidal Martínez-Sierra e a Concelleira de Cultura, Guadalupe Flórez, así como dalgúns membros do xurado, como a Traballadora Social do Concello, Mª José Veiga; os nenos e nenas premiados, tiveron a oportunidade de dar lectura aos traballos gañadores, así como ver expostos na Sala de Exposicións os debuxos que resultaron escollidos.
Dende a Concellería de Cultura trasladóuselles a noraboa e desexóuselles sorte, xa que estes traballos seleccionados na fase local do certame, están agora sendo valorados na fase provincial, da cal aínda non se fixeron públicos os gañadores.
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO
“LETRAS GALEGAS 2012” – A SUPERSTICIÓN
– Convocatoria local: Biblioteca de Lourenzá –
LISTADO DE GAÑADORES
* NARRACIÓN :
Categoría A (ata 8 anos) | Categoría B (de 9 a 11 anos) | Categoría C (de 12 a 16 anos) |
Antía Lillo Irimia | Javier Álvarez Méndez | Codés Lillo Irimia |
Mencía Martínez-Sierra Franganillo | Celia Reino Reigosa | Fátima Reino Reigosa |
Elena Lodos Uz | Ana Baña García | ——————- |
* DEBUXO :
Categoría A (ata 8 anos) | Categoría B (de 9 a 11 anos) | Categoría C (de 12 a 16 anos) |
María Sánchez Villalba | Zaira Braña Irimia | Fátima Reino Reigosa |
Laura Recalde | Celia Reino Reigosa | Ilyass Khaled |
Roberto Varela Barreira | Manuel Santamarina Portela | Eugenio Pérez Goás |