Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo impartiu unha charla sobre compostaxe doméstica

Arredor de 40 persoas asistiron o sábado en Ribadeo á charla sobre compostaxe doméstica que organizou a Concellaria de Medio Ambiente. A conferencia estivo dirixida por unha enxeñeiroa agrónoma de Lugo. O edil Horacio Cupeiro sinalou que “a filosofia é intentar por un lado diminuir a cantidade de orgánico que mandamos a Sogama, xa que a proporción deste no lixo é do 40%, reducindo con elo a cantidade de veces que se ten que recoller e polo tanto o custo para o Concello, e tamén diminuir a cantidade de veces que os veciños do rural han de ir depositar o lixo aos contenedores, xa que algúns quédanlles lonxe”.
O concelleiro de Medio Ambiente explicou que “conseguimos uns nutrientes ecolóxicos para poder aportar ás nosas plantas ou xardins, libre de patóxenos e que actúa moitas veces como bactericida e funxicida”. Cupeiro dixo que “as persoas que asistiron a charla do sábado sairon contentas porque aprenderon cousas que si non son enseñadas por técnicos serian dificiles de aprender por si soas”.
Nos vindeiros dias daráselle a cada un dos asistentes un composteiro e mais tres bolsas de recollida selectiva reutilizable enviadas ao Concello de Ribadeo por Sogama. O concelleiro de Medio Ambiente fáille chegar “o noso agradecemento ao presidente de Sogama polo trato dado, xa que nada mais dicirllo se comprometeu con Ribadeo, a sabiendas que nós xa foramos pioneiros na autocompostaxe”.

Exit mobile version