Site icon Crónica3.com A Mariña

O coro do IES de Foz actuará na igrexa parroquial

Este mércores, ás 21:00, na Igrexa Parroquial de Foz, actuará o coro do instituto. Estará acompañado dun quinteto de corda, Dacapo, formada por profesores do Conservatorio de Oviedo. Veñen de actuar en Navalcarnero, dentro do programa da excursión a Madrid onde tamén visitaron Faunia e asistiron ao musical de Grease.

Exit mobile version