Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo infantil do C.D. Foz proclamouse campión provincial por segundo ano consecutivo

A Gran Familia do equipo Infantil do C.D.Foz ¡¡¡ CAMPIONS !!!!

Remate da tempada regular nas categorias base do C.D.Foz e parabens para o equipo INFANTIL que por segundo ano consecutivo acada o titulo de Campión Provincial.O xoves xogou no Martinez Otero ante o Palas,en partido adiantado da ultima xornada e gañaron por un rotundo 9-2, e onte en Becerreá en pártido aplazado consigueu unha victoria por 2-3 nun partido cheo de emoción no que houbo que remontar por duas veces o marcador, acadando merecidamente a victoria e o titulo Provincial ante a ledicia de xogadores e pais presentes no campo montañes.Pola sua parte os CADETES remataron a tempada no Municipal de Malates ante o Polvorin o que golearon por 9-2 ,conseguindo a segunda plaza que lle da dereito a xogar a fase de clasificación a Liga Galega.Noraboa os dous equipos, asi como a Burunda o seu Mister .Sorte agora para a Fase de Ascenso e sempre Aupa Foz Aupa.

Exit mobile version