Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno do Estado ten unha debeda superior aos 200 mil euros co Concello de Foz, segúndo explica o PSOE

O Portavoz do PSdG-Psoe de Foz revela unha noticia que merece atención por parte da sociedade focense.

O Estado, que tanto reclama ao Concello de Foz por boca do Sr.Uzal e Sr Balseiro, ten unha débeda co mesmo de 206.000 euros, e dicir débelle o noso Concello 33 millóns das antigas pesetas.

José María García Rivera explica o porque de esta débeda – “No Ano 2010 a liquidación final dos ingresos do Estado ao noso Concello, do que nos corresponde mensualmente das aportacións do Estado aos concellos, foi positiva para o Concello de Foz, é dicir o Goberno Central ingresou menos no conxunto do ano do que nos pertencía e a liquidación dese ano quedou favorable o concello na cantidade de 233.000 euros que deberían de ser ingresados a finais de 2011 cousa que non se fixo”.

“Señores do PP”- recrimina Rivera- “como lles queda a cabeza agora? Falan de intervir o Concello de Foz e resulta que nos están a deber un montón de millóns das antigas pesetas. O falar non ten cancelas, anden desmintan agora esta noticia”.

Exit mobile version