O pasado fin de semana do 28 e 29 de Abril A.C.I.A Burela organizaba o I Concurso de Tapas “UN MAR DE TAPAS”, no cal 24 establecementos de hostelería asociados deleitaron ós numerosos asistentes con diferentes delicias culinarias.
Dentro destas tapas houbo tres premiadas:
· Premio do Xurado Profesional á mellor Tapa para o Mesón da Pedra, coa tapa Delicia Noruega.
· Premio do Xurado profesional á mellor presentación. Hotel Nordes, coa súa tapa: Picnic Nordés.
· Premio de público. A Parillada de Jandro, coa súa tapa: Lombo de Porco con Prebe de Pementos do Piquillo á reducción de Oporto.
No mesmo acto procedeuse ó sorteo, entre todas as tarxetas dos clientes que votaron á súa tapa favorita, dunha cea a disfrutar en calquera dos establecementos que participaron na campaña. Este premio xa foi posto en coñecemento do agraciado (Tony), que irá de cea este mes de maio.
O éxito desta campaña xa anima ós organizadores e participantes a pensar na próxima edición, donde nos esperan a todos.