Site icon Crónica3.com A Mariña

O portavoz de Independentes polo Val en Alfoz esixe premura e dilixencia na porposta de fusión dos concellos

Iván Marrube Rodríguez, con dni 34635922-s, en calidade de concelleiro na corporación municipal do concello de Alfoz, remitolle a seguinte queixa:

O conselleiro de presidencia e administracións públicas en diversos actos e comunicados públicos dende que comezou a actual lexislatura fai saber que van apoiar e favorecer as fusións de concellos e axudar os concellos que demanden axuda nese senso.

No pleno da corporación municipal de Alfoz, no mes de febreiro de 2012, se ten aprobado por unanimidade de todos os grupos a solicitude a Xunta de Galicia e Diputación Provincial de Lugo dun estudio de viabilidade socio-económico sobre a fusión dos concellos de Alfoz e Valadouro.

No pleno do concello de O Valadouro tamén se tomarón sendos acordos nese sentido.

Os citados acordos e solicitudes de estudios xa foron enviadas a Xunta e Diputación por parte dos concellos e estes confirmado a súa recepción.

O tema da fusión dos concellos de Alfoz e Valadouro xa se ten debatido no Parlamento Galego, con posterioridade a recibir os acordos e solicitudes de petición de estudio de viabilidade, no mencionado debate o Director xeral de administración local comunica que para nada está o corrente desas solicitudes.

Con bastante posterioridade os acordos tomados nas corporacións locais de Alfoz e O Valadouro o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñes Feijoo, anuncia a fusión dos concellos de Oza dos ríos e Cesuras.

Con posterioridade o mesmo Alfonso Rueda, conselleiro de presidencia, declara públicamente que se esta a realizar o estudio da fusión de Alfoz-Valadouro.

A realidade é que a día de hoxe a Diputación provincial de Lugo fixo público que non estaba a realizar o estudio de fusión, estudio solicitado dende os concellos, cando dende a diputación foi feito publico a súa total diposición de colaboración no proceso, ademais de ser organismo superior e competente no proceso, tal e como se especifica na lei de réxime local.

A Xunta de Galicia, principal organismo competente no proceso, tal e como fugura na lei de réxime local, tampouco está a relizar o estudio de viabilidade sobre a fusión dos concellos de Alfoz e O Valadouro, como declararon públicamente dende a dirección xeral de administración local fai tan só uns días, e contradecindo as declaracións do máximo dirixente da consellería Alfonso Rueda.

Como concelleiro na corporación municipal de Alfoz, remitolle a correspondente queixa sobre a total falta de responsabilidade e compromiso por parte dos dirixentes da Xunta de Galicia, ó conselleiro de presidencia Alfonso Rueda, e o director xeral de administración local e especialmente do presindente Alberto Nuñez Feijoo, xa que se dedicou a anunciar as fusións con tintes solamente propagandísticos, en concellos nos que as súas corporacións municipais non tomaran ningún acordo ó respecto e sen embargo empeñanse en ignorar, paralizar e mentir, sobre un proceso de fusión que xa empezou na comarca natural do Val do Ouro, concellos de Alfoz e Valadouro con acordos nas respectivas corporacións municipais.

Igualmente solicitamos se esixa premura e dilixencia nun tema de tan importante calado e importancia, e na solución de todos os expedientes relacionados co mesmo.

Así como se lle esixa o Presidente da Xunta, Conselleiro de Presidencia e Director xeral de administración local cumpran cos compromisos e promesas feitas públicas con tanta transcendencia, xa que no tema a tratar están faltando a súa responsabilidade e compromiso adquiridos cos cidadáns.

Igualmente requerimos se lle solicite a Xunata de Galicia un discurso e feitos claros sobre a fusión dos concellos de Alfoz e Valadouro e as actuacións que van acometer con respecto a mencionado proceso

Exit mobile version