Site icon Crónica3.com A Mariña

O POSE de Foz explícalle ao alcalde como xestionar as contas do concello sen alarmismos

Ante os anuncios alarmistas do Alcalde de Foz o Grupo Municipal do PSdG-PSOE e no seu nome o Portavoz Municipal, José María García Rivera fai as seguintes puntualizacións.

Rivera clasifica de alarmistas as declaracións do Alcalde de Foz de que o Estado lle vai a detraer un diñeiro da participación dos tributos do estado, aportación que se envía tódolos meses ao Concello de Foz.

A que ven que diga o Sr. Castiñeira que o problema é culpa da oposición, cando o grupo socialista deixoulle ben claro dende un principio que non estaba de cordo coa actuación do Concello e do Estado neste tema, debido a que o único fin do Plan de axuste era subir os impostos aos cidadáns sen barallar ningunha outra formula alternativa. O Sr Alcalde negociou con UNIFOZ este tema e dixo que estaban de acordo ámbolos dous partidos en sacar adiante o devandito Plan, pero o resultado foi que UNIFOZ, no pleno, votou en contra por pequenas diferencias segundo o Portavoz do mesmo, Xaime Cancio. Porque culpa vostede o PSOE e o BNG que nada tiveron que ver ao deixar a súa postura clara.

Queremos saber, dende o PSOE, como se saca este tema onte mércores cando non hai actividade por ser festivo, polo que preguntaremos cando se rexistrou o escrito do Ministerio no Concello, si o mesmo responde a unha consulta do Concello ou ben si a misiva é de carácter xeral para tódolos Concellos de España. Danos a impresión que esta comunicación do Alcalde estaba calculada para que coincidirá co 1º de maio, data significativa na loita obreira.

Rivera considera que non existe ningún problema para o Concello de Foz, senón unha mellora en dúas cousas importantes, xa que o préstamo que quería pedir o alcalde para pagar as facturas tiña uns intereses de preto 500.000 euros a pagar en dez anos e a maiores ía a supoñer unha suba de tódolos impostos do Concello provocando unha situación insostible a moitas familias. Pois ben, agora a débeda coa brillante idea do Goberno Central, pagarase en 3 anos polo que os intereses serán infinitamente menores e por si fora pouco, os impostos, subirán o xusto e non o que quería o Sr Alcalde.

Xa está ben de dar a nota e de facer teatro -di Rivera ao Alcalde- e si se ve que incapaz para seguir a fronte do Concello dimita e deixe de marear a perdiz. O noso Concello non ten ningún problema grave, o problema é vostede Sr Castiñeira, que lle gusta ser protagonista dos seus desaguisados para despois culpar a outros dos seus fracasos, o PSOE faloulle claro sempre neste tema, foi vostede chufou nos periódicos o acordo con UNIFOZ sobre o Plan de Axuste e agora métenos a todos no mesmo saco, dicirlle que seguimos no mesmo lugar e no sitio de sempre, dispostos a escoitalo pero, por favor, con prantexamentos serios e rigurosos.

O PSOE quere enviar unha mensaxe de tranquilidade a tódolos traballadores e traballadoras do Concello e dicirlles que se sintan seguros e sen ningún tipo de dubidas, que van cobrar os seus salarios con normalidade e o resto non é outra cousa que un novo alarmismo inxustificado ao que nos ten xa afeitos o Alcalde de Foz.

Exit mobile version