Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés asegura que “as medidas do equipo de goberno son fundamentais para sair da crise”

O PP burelés asegura que “as medidas do equipo de goberno son fundamentais para sair da crise”.

 Consideran que Burela vai sair da crise con solidez.

 Os populares, convencidos de que “os catro anos do bipartito foron nefastos para Burela”.

Burela, a 7 de maio de 2012.- O PP burelés asegurou hoxe a través dunha nota de prensa que “as medidas que leva adoptado o equipo de goberno que lidera José María González Barcia son fundamentais para saír da crise, porque se basan en criterios de racionalidade á hora do gasto, de reflexar os ingresos reais que tén o concello e de non gastar máis do que se tén, algo que todo mundo entende”. Os populares consideran posible non efectuar máis axustes importantes o que permitirá entrar nun camiño de realismo á hora do control dos ingresos e gastos municipais.

Esto levará a que o concello de Burela estea en boas condicións para sair da crise. Nese sentido, desde o PP entenden que “podemos ser razonablemente optimistas, porque ademais de que o concello vai insuflar nas próximas semanas un millón trescentos mil euros na economía real, para manter postos de traballo, a través do pago a proveedores, estanse poñendo as bases para abordar a saida da crise con solidez, sin alegrías pero mantendo e asentando os servicios básicos”.

Desde as filas populares consideran que “os últimos dous presupostos do bipartito foron un exercicio de irresponsabilidade porque en dous anos a diferencia entre os ingresos pesupuestos e o que realmente se recaudou ascendeu a dous millóns de euros, que evidentemente non se ingresaron pero que se gastaron. Socialistas e nacionalistas actúan sempre igual, usan os cartos de todos para sacar réditos políticos: só recordar que na anterior etapa o PP deixou un remante de tesorería de un millón douscentos mil euros e hai dez meses recibiu cento sesenta mil euros”.

O PP burelés está convencido de que “os catro anos do bipartito foron nefastos para Burela, porque a xestión dos cartos públicos foi nefasta: por exemplo, millón e medio de euros en farolas para non aforrar nada en consumo eléctrico”. Pola contra, agora, “onde había derroche e falta de planificación, hai rigor e seriedade; onde non había xestión, agora hai traballo e adicación”.

Os populares están seguros de que “os veciños entenden as medidas adoptadas, medidas que non gustan a naide, pero que son necesarias para sair da crise e poñer a Burela en condicións de abordar o futuro con esperanza; se o bipartito fose máis previsor, non estaríamos na situación na que estamos”.

Finalmente, indicaron que “practicamente todos os concellos nos que o PP chegou ó goberno municipal hai dez meses logo de gobernos de socialistas e nacionalistas, tén acontecido o que aconteceu en Burela, exactamente igual que pasou no goberno de España e en moitas comunidades autónomas”.

Exit mobile version