Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela sae a rúa para explica-la verdade das reformas do Goberno Central

Como ven facendo de maneira habitual, os populares burelenses desenvolverán entre 4 e 5 reunións para explicar as medidas levadas a cabo polo executivo de Mariano Rajoy

O PP de Burela sae a rúa para explica-la verdade das reformas do Goberno Central

.O vindeiro día 7 de xuño, o Presidente Provincial dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, acudirá a esta localidade da mariña para explicar nunha asemblea informativa a verdade das reformas

Lugo, 25 de maio de 2012.- O alcalde de Burela, José María Barcia, acompañado de representantes de NN.XX, sairon esta mañá a rúa para explicarlle aos cidadáns a verdade das reformas do Goberno Central.

No mercado burelés, Barcia e os máis novos do PP, repartiron dípticos informativos explicando, a pé de rúa, a necesidade das reformas que está levando a cabo o Executivo Central fronte a ese alarmismo, engano e manipulación que están a xerar os socialistas na poboación.

Insistíu o rexedor burelés en que é o PP o que ten que facer fronte a este contexto e é quen está tomando as medidas oportunas para garantir o futuro das xeracións que están por vir. Son unhas medidas necesarias para paliar esta crise económica herdada dun goberno socialista-manifestou

Este reparto englóbase dentro da campaña divulgativa para a que se lanzou a páxina web: www.laverdadedelasreformas.es, e na que tamén se encadran asembleas informativas; no caso de Lugo terán lugar 24, sendo a de Burela o vindeiro día 7 de xuño, na casa do mar, e na que estará presente o Presidente Provincial do PP de Lugo, José Manuel Barreiro.

Barcia anunciou que a partires do día 7, e como ven facendo de maneira habitual o PP burelés, terán lugar entre 4 e 5 reunións para explicar as medidas desenvolvidas polo executivo central.

Insistiu o alcalde de Burela que o obxectivo é decir a verdade das reformas que son a garantía do futuro e ao mesmo tempo tranquilizar e transmitir serenidade e confianza nos españois.

Exit mobile version