Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lourenzá mostra o seu desconcerto tra-la abstención do PSOE e o BNG na moción sobre o servizo de axuda no fogar

A voceira do PP en Lourenzá mostra o seu desconcerto tra-la abstención dos socialistas e nacionalistas nesta moción

Coa abstención do PSOE e BNG de Lourenzá, na moción sobre servizo municipal de axuda no fogar, queda claro que o único que lles importa a estes grupos políticos é a guerra mediática e non os usuarios deste servizo

. Emma Álvarez Chao tacha de incongruencia que os nacionalistas laurentinos, en varias ocasións, levasen preguntas a pleno sobre este tema e que agora se absteñan

Lourenzá a 15 de maio de 2012.- Hoxe tivo lugar o pleno municipal de Lourenzá onde se aprobaron as tres mocións populares.

O que maís desconcertou ao Partido Popular foi que BNG e PSOE se abstivesen na moción sobre servizo municipal de axuda no fogar. Sorprendeu ainda máis por parte dos nacionalistas posto que eran estes os que lanzaban notas en prensa e preguntaron en varias ocasións en pleno por este servizo.

A voceira do PP en Lourenzá, Emma Álvarez Chao, criticou que PSOE e BNG se abstiveran na moción popular sobre o servizo municipal de axuda no fogar. En dita moción instábase a á Xunta de Galicia a que continúe financiando o servizo de axuda no fogar para persoas con dependencia e os traballadores de referencia na área social de tódolos concellos de Galicia, e a axilizar o financiamento destes dous apartados co fin de mellorar a capacidade económica das administracións locais. Así como, garantirá naqueles concellos que superen os 20.000 habitantes, ou aqueles que coordinando servizos e presentando a solicitude sumen máis de 20.000 habitantes, o financiamento do servizo de axuda no fogar básico. Instouse á Deputación de Lugo a que cumpra co establecido na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia e na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, prestando apoio técnico, económico e xurídico aos concellos para que desenvolvan as competencias que lle son propias en materia de servizos sociais comunitarios. Así mesmo, deberá manterse a necesaria colaboración e coordinación entre Xunta e Deputación, asegurando a Deputación de Lugo o financiamento do servizo de axuda no fogar básico e do persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios básicos con perfís profesionais diferentes e complementarios ao do traballador social de referencia para as corporacións locais dos concellos de menos de 20.000 habitantes, e nomedamente no Concello de Lourenzá.

A voceira do PP en Lourenzá, asegura que coa abstención do PSOE e BNG nesta moción, vese claramente o que busca a oposición, que non é outra cousa que un guerra mediática e unha pasividade total e absoluta por parte dos usuarios deste servizo.

No pleno de hoxe aprobouse tamén outra moción popular relativa ao pago a proveedores de entidade local. Aprobou así o Concello de Lourenzá a formalización dun crédito por importe de 300.724.63 euros para efectuar o pago a proveedores de entidade local. Só o PP votou a favor, mentras o PSOE e BNG abstivéronse.

Tamén se aprobou outra moción popular para o estudo tecnico da variante do camiño norte ao seu paso por San Lourenzo (San Xurxo).

Acordouse así, estudar atendendo a criterios técnicos e históricos, a variante do camiño norte que dende a Cadeira (Trabada) chega a Lourenzá a través do barrio de San Lourenzo na parroquia de San Xorxe (Lourenzá) a fin de delimitar esta variante e, en calquera caso, fora da pista forestal que abriron os veciños da parroquia para o mellor aproveitamento madeireiro dos seus predios.

Tamén se aprobou a delimitación do Camiño Norte e as súas variantes antes de que remate o ano 2012, así coma, manter ao Concello de Lourenzá informado do proceso de delimitación do Camiño norte e as súas variantes, no referinte a Lourenzá brindando a colaboración popular para todo o que estimen necesario.

Sorprendeulle tamén a voceira dos populares, Emma Álvarez Chao, que nesta última moción os nacionalistas votasen en contra, cando no último pleno, eles mesmos, trouxeron a debate o problema actual deste camiño.

Exit mobile version