Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo levará a cabo 24 encontros polos distintos concellos da provincia para informar das reformas

O PP de Lugo levará a cabo 24 encontros polos distintos Concellos da provincia para informar das reformas

O obxectivo da campaña informativa é dicir a verdade das reformas, que son a garantía do futuro e, ao mesmo tempo, tranquilizar e transmitir serenidade e confianza aos cidadáns

O PPdeLugo levará a cabo 24 encontros polos distintos Concellos da provincia para informar da verdade das reformas

? O Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, participará na meirande parte destas xuntanzas que continuarán este xoves, día 24, en Vilalba e porán o seu punto e final o 11 de xuño na Pontenova

? Representantes de Novas Xeracións colaborarán nesta campaña repartindo dípticos informativos que explican a necesidade das reformas en feiras e mercados.

Lugo, 21 de maio de 2012.- Logo de que o pasado venres, o Voceiro do GPP no Senado e Presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro explicase, na Xunta Directiva Provincial en Lugo, o inicio e os obxectivos da campaña informativa “Reformas, Garantía de Futuro”, comezan agora as explicacións da mesma por toda a provincia.

Presidente do PP en Lugo, Secretario, Deputados Nacionais, Autonómicos e Provinciais, Senadores, Alcaldes e Voceiros explicarán, a pé de rúa, a verdade e a necesidade das reformas que está levando a cabo o Executivo Central fronte a ese alarmismo, engano e manipulación que están a xerar os socialistas na poboación.

Afirma o PP que aos socialistas non lles chegou con enganar aos cidadáns durante 8 anos que continúan na mesma liña. Agora que os españois nos elixiron, agora que non están no Goberno, alertan á cidadanía das medidas necesarias que está levando o Goberno de Mariano Rajoy para paliar unha situación nunca vista neste país e provocada por eles. Din os populares que é o seu partido o que ten que facer fronte a este contexto e é quen está tomando as medidas oportunas para garantir o futuro das xeracións que están por vir. Son unhas medidas necesarias para paliar esta crise económica herdada dun goberno socialista”-manifestan.

ASEMBLEAS DE AFILIADOS E SIMPATIZANTES

Se o primeiro encontro de explicación desta campaña informativa foi o pasado venres, o vindeiro terá lugar o xoves, día 24, en Vilalba. Alí, o líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, acompañado do Deputado Autonómico, Agustín Baamonde, do Senador Armando Castosa e dos cabezas de lista da comarca da Terra Chá convocarán a unha asemblea aos afiliados e simpatizantes para explicar estas medidas e lanzar unha mensaxe de tranquilidade a poboación fronte a maneira de facer oposición do PSOE que consiste na manipulación e engano constante.

REPARTO DE DÍPTICOS EN FEIRAS E MERCADOS

Por outra banda, e ao mesmo tempo, representantes de NNXX serán os encargados de repartir na rúa as 4 tipos de dípticos informativos para dar conta da necesidade das reformas (‘La verdad de las reformas’; ‘La verdad de la Sanidad’; ‘La verdad de la Educación’; y ‘Reformas, Garantía de Futuro. #la verdad’). O reparto efectuarse por membros desta organización xuvenil do PP nas principais feiras e mercados do conxunto da provincia.

Asembleas, reparto de dípticos informativos e algunha rolda de prensa serán a tónica predominante en tódolos concellos lucenses dende este xoves, día 24, ata o vindeiro sábado, día 16 de xuño, data na que esta campaña informativa porá o seu punto e final.

Os cargos públicos populares manifestarán en toda a provincia, e a pé de rúa que non é o momento para a depresión senón para a esperanza e para que traballemos todos xuntos; que non son reformas para alertar senón para garantir o futuro das xeracións. Insisten os populares que o obxetivo desta campaña é decir a verdade das reformas que son a garantía do futuro e ao mesmo tempo tranquilizar e transmitir serenidade e confianza nos españois.

Exit mobile version