Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo denuncia o abandono e a falta de mantemento e coidado dos servicios públicos por parte da Concellería de Medio ambiente

O Grupo Municipal do PP de Ribadeo denuncia o abandono e a falta de mantemento e coidado dos servicios públicos por parte da Concellería de Medio ambiente.

Novamente o Grupo Municipal do PP denuncia o lamentable estado no que se atopa a rede viaria dependente do Concello, singularmente das nosas parroquias, debido na súa meirande parte á falla de limpeza e mantemento por parte da Concellería de Medio Ambiente das cunetas e das tálleas dos viais, o que fai que nos días de abundante choiva e vento se vexan obstruídas polas follas e ramas caídas das árbores provocando o desbordamento da auga cara a calzada co conseguinte prexuízo para o pavimento, na maior parte dos casos de terra, co que se xera grandes socavóns e baches, que supoñen en grave risco para á seguridade dos peóns e da circulación.

Como claro exemplo da deixadez e falta de cumprimento das súas obrigas por parte da Concellería de Medio Ambiente, é de denunciar a existencia dun vertido de augas residuais e fecais que se ten formado na parroquia de Rinlo, e que non obstante terse denunciado pola oposición a súa existencia en distintas ocasións e ter instado do Concello a adopción de medidas urxentes que lle poñan remedio, o certo é que pasados todo ese tempo dende esa denuncia a situación sigue a ser a mesma sen que dende a Concelleria de Medio Ambiente se fixera nada o respecto.

Estas situacións de abandono e falta de coidado do noso medio non son illadas senón que se repiten ao longo da nosa Vila, de aí que dende o Grupo Municipal do PP lle esixamos ao Alcalde e maila Concelleira de Medio Ambiente que no cumprimento dos seus cometidos amosen unha maior dilixencia, e que a súas verbas se concreten en actuacións concretas das que repercuta un beneficio para a comunidade, de xeito que polos veciños e veciñas se poida ter unha percepción da referida Concelleria, que vaia máis aló do meramente propagandístico. Dende o Grupo Municipal do PP entendemos, que unha Concelleria que conta cun dos presupostos máis elevados do Concello, que ten subscrito cunha empresa externa como é NOVATEC un contrato para a realización anual de auditorías do sistema de xestión ambiental, que esta a levar a cabo a contratación nestas datas dun técnico e de catro operarios na materia, (cando outras administracións fan política de recortes de persoal), que se veñen a engadir a lista de funcionarios e persoal contratado que habitualmente presta as súas labores ao servicio deste departamento, ten medios persoais e materiais de abondo para garantir a correcta prestación da súas obrigas, polo que calquera incumprimento so é imputable a deixadez e ao abandono das súas funcións polos suxeitos responsables.

Exit mobile version