Site icon Crónica3.com A Mariña

Ao PP de Viveiro preocúpalle a pouca consideración e o incumprimento sistemático coas asociacións deportivas por parte do concello

Ó Partido Popular de Viveiro preocúpalle a pouca consideración e o incumprimento sistemático coas asociacións deportivas por parte do Concello.

Unha vez máis o Grupo do Partido Popular faise eco das queixas das asociacións deportivas, quen dicen sentirse “desatendidas”e “ignoradas” no máis amplio sentido destas palabras, xa non so porque non cobran o conveniado para o 2011(en total adebédanselles 130.334 euros), senón porque ninguén se ocupa delas no día a día. Así algunhas trasladan a queixa de que o responsable da área de deportes, o Sr. Galdo só o viron no que vai de lexislatura unha vez (lembremos que dentro de pouco fará un ano da toma de posesión do sr. Concelleiro), outras apuntan a que só o ven nas fotos, pero non precisamente nas relacionadas coa actividade deportiva, a que sin lugar a dúbida debería de adicarlle máis atención.

Algunhas asociacións falan de deixar a súa actividade (á que levan adicadas moitos anos) ó remate desta tempada, xa que se sinten soas e pouco amparadas a nivel institucional; o apoio que se lles presta e mais ben pouco ou nada, chegando o extremo de soportar con diñeiro do seu propio peto (con créditos personales) a actividade deportiva en cuestión, namentres que o Concello non cumple co acordado no Convenio e non lles paga as cantidades estipuladas para o 2011.

O grupo do PP xa denunciou o atraso no pago do conveniado para o 2010, hai que lembrar que estas cantidades foron abonadas nalgún caso en decembro de 2011, polo que seguindo a mesma progresión, puidera ser que estas do 2011 se abonaran en decembro do 2012; non obstante a algunhas asociacións, sinalouselles, por parte do Concelleiro de deportes, a data de marzo deste ano para o seu pago, pero visto o visto, estamos rematando maio é o certo é quen non se efectou ningún pago (ou al menos que nós saibamos).

Pero isto non remata aquí, tampouco se convoca a estas asociacións para darlles unha explicación do que pasa ou vai a pasar, dado que a situación económica do Concello é moi complicada; o certo é, que as obrigas derivadas da súa actividade, suman esta incertidume, e o que é peor sin cobrar o conveniado. Hai que lembrar que en novembro de 2011, o equipo de goberno teriase que ter reunido con estas asociacións para redactar uns novos convenios, tal e como establecía o xa vencido o 31 de decembro de 2011. Esta reunión non se produciu daquela, e polo visto ata o momento, tampouco.

Ante esta situación de pasividade e abandono institucional por parte do equipo de goberno, é polo que o grupo do Partido Popular imos a interesarnos polo tema no vindeiro Pleno ordinario do 31 de maio, presentando unha serie de preguntas relativas a estes asuntos:

Cantas e cales son as asociacións deportivas que reciben subvencións por parte do Concello?

Que agrupacións deportivas recibiron subvencións durante o ano 2011 e a que exercicio corresponde a subvención percibida?

Canto percibiu cada unha das agrupacións deportivas?

Que agrupacións deportivas percibiron algunha subvención durante o ano 2012 e con cargo a que exercicio ou correspondiente a algún exercicio distinto do 2012?

No suposto de que durante o transcurrido do ano 2012 se pagase a algunha asociación deportiva, a cal ou cales se lles pagou?, que criterio se seguiu para realizar estos pagos?

¿Ten previsto reunirse con estas asociacións para tratar un novo convenio para o 2012-2013, dado o carácter bianual dos mesmos?

En caso afirmativo, en que datas se producirían estas reunións?

Exit mobile version