Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que agradece a decisión “obxectiva, xusta e reparadora” para que podan desenvolverse proxectos acuícolas no polígono de Cuiña e terreos anexos

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular e tenente alcalde de Cervo, Jose Manuel Balseiro agradece a decisión “obxectiva, xusta e reparadora” do actual Goberno de Galicia que corrixe a da anterior Xunta bipartita que na anterior lexislatura excluíu este emprazamento

O SECRETARIO XERAL DO MAR CONFIRMA A BALSEIRO QUE A XUNTA RECUPEREOU O POLÍGONO DE CUIÑA EN CERVO E PARTE DOS TERREOS ANEXOS PARA INSTALAR NOVOS PROXECTOS ACUÍCOLAS OU AMPLIACIÓNS DOS XA EXISTENTES

 Juan Carlos Maneiro cualificou esta zona como un dos mellores emprazamentos acuícolas de toda Galicia polas súas inmellorables características xeográficas e ambientais.

Santiago, 24 de maio de 2012.- O secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro explicou en resposta a preguntas do deputado popular Jose Manuel Balserio que o polígono empresarial de Cuiña está clafisicado dentro do Plan Galego de Acuicultura do Litoral como zona dous, “esto significa que podería desenvolverse de xeito imediato un proxecto acuícola neste emprazamento”.

Maneiro tamén indicou que esta clasificación non só afecta ao espazo do polígono industrial en sentido estrito senón incluso a gran parte dos terreos anexos que “poderían utilizarse tamén para futuros proxectos acuícolas na medida de que no futuro poidan desenvolverse novas técnicas que permitan empregar terreos máis afastados da costa”

DECISIÓN XUSTA, OBXECTIVA E REPARADORA

Jose Manuel Balseiro, sinalou como moi positiva a confirmación de que o polígono de Cuiña volve a formar parte do Plan Acuícola e agradeceu esta decisión do actual Goberno galego do Partido Popular que cualificou de “obxectiva, xusta e reparadora” xa que corrixe unha decisión do anterior Executivo bipartito da Xunta que, en sentido contrario, decidiu excluír expresamente este emprazamento do antigo plan acuícola.

Balseiro lembrou que xa na pasada lexislatura o PP defendeu a idoneidade de Cuiña tanto para a ampliación dos proxectos empresariais existentes como para a creación de novas piscifactorías, e que daquela atopuse co voto en contra de PSOE e BNG.“Agradezo moi especialmente a decisión da Xunta actual, non só como deputado e portavoz do Mar, senón como veciño de Cervo e tenente de alcalde desa localidade pola importancia que esto pode ter no ámbito da xeración de riqueza e do emprego”-dixo Balseiro.

UN DOS MELLORES EMPRAZAMENTOS DE TODA GALICIA

Maneiro explicou que Cuiña “é un dos mellores emprazamentos de toda Galicia” para albergar granxas para o cultivo de peixes planos en terra “como demostra o feito de que hoxe alí está situada a piscifactoría de maior produción de Galicia, “algo que non sería posible se non presentase estas condicións óptimas”.

En todo caso, o secretario xeral do Mar explicou estas características positivas describindo aspectos de tipo xeográfico e ambiental: “Cuiña dispón dunha cota media ideal con respecto ao mar (inferior aos 25 metros na súa maioría ou incluso a 15 metros nunha boa parte destas zonas) e de amplas superficies libres de terreo con excasa distancia respecto do mar”-dixo Maneiro.

Ademaís, desde o punto de vista da calidade das súas augas Maneiro indicou que estas “presentan unha renovación constante froito de ter un litoral situado nunha zona de mar aberto e con estabilidade nos seus parámetros físicos, e moi en concreto, na salinidade e na temperatura”. En definitiva, “condicionantes positivos inmellorables”.

Exit mobile version