Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP esta de acordo coa resposta do director xeral de administración local sobre o concello de Foz

Declaracións efectuadas no transcurso dunha pregunta parlamentaria debatida hoxe no seo da Comisión de Economía do Parlamento de Galicia

BALSEIRO COMPARTE A VALORACIÓN DO DIRECTOR XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL QUE CUALIFICOU DE IRRESPONSABLE A DECISIÓN DAS FORZAS DA OPOSICIÓN NO CONCELLO DE FOZ TRAS REXEITAR O PLAN DE AXUSTE

 Norberto Uzal explicou que, con plan de axuste aprobado, Foz abonaría durante o ano 60 mil euros en vez de ter que ver reducidos os seus ingresos en máis de 700 mil euros

 Segundo demostran os informes contables os responsables do Goberno anterior non só gastaron todo o remanente de tesourería que había senón que deixaron a maiores unha débeda de millón e medio de euros que agora podían pagarse dun xeito más cómodo de terse aprobado o plan de axuste e de pago á provedores

Santiago, 29 de maio de 2012.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro comparte a valoración feita polo director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Norberto Uzal, cando cualifica de “irresponsable” a actitude dos partidos da oposición de Foz, ao rexeitar o plan de axuste presentado polo Goberno municipal o que implicou a retirada automática do 50% dos fondos mensuais que recibía a facenda local deste municipio procedentes do Estado.

As devanditas declaracións efectuáronse no transcurso dunha resposta parlamentaria a unha iniciativa presentada polo deputado popular Jose Manuel Balseiro e debatida hoxe no seo da Comisión de Economía do Parlamento de Galicia.

O director xeral insistiu en que non lle parece responsable que os grupos da oposició, conscientes da situación económica do concello de Foz, non empregaran outras alternativas distintas a de votar en contra do plan de axuste: como propoñer outro plan de axuste alternativo ou absterse manifestando a súa disconformidade, pero en lugar disto, decidiron colocar á facenda municipal nunha situación que o director xeral cualificou como delicada, ao borde da suspensión de pagos.

DÉBEDAS PENDENTES DO GOBERNO LOCAL ANTERIOR

Norberto Uzal explicou que, con plan de axuste aprobado, Foz abonaría durante o ano 60 mil euros en vez de ter que ver reducidos os seus ingresos en máis de 700 mil euros e todo elo para facer fronte a unha serie de débedas procedentes da xestión dun goberno anterior –como demostra a contabilidade- non só gastou o remanente de tesourería senón que deixou a maiores unha débeda de millón e medio de euros. Facturas pendentes que agora podían pagarse dun xeito máis cómodo e responsable, podían abonarse conforme ao plan de axuste dirixido a atender aos pagos pendentes a provedores e ás propias obrigas municipais.

Jose Manuel Balseiro concluíu recordando que se o Concello de Foz fora unha empresa que vira mermadas nun 50% os seus ingresos estaría en práctica suspensión de pagos e que, polo tanto, esta era a situación na que pretendían situar ao concello desde os partidos da oposición. Non obstante lembrou que a decrita é unha situación revesible, polo menos en parte, de aprobarse un novo plan de saneamento e dixo que lle constaban contactos positivos entre o Goberno local e as forzas da oposición para aprobar o novo orzamento local. Finalmente concluíu sinalando que, na súa opinión, como resume do acontecido está claro que en Foz hai “un goberno responsable, e unha oposición irresponsable” e desexou que situacións similares non se volvan a repetir no futuro.

Exit mobile version