Gómez Besteiro continúa na súa liña da mentira no tocante a construcción das mini residencias
. Elena Candia denunciou hoxe que SUPLUSA segue sen estar inscrita como entidade prestadora de servizos sociais a pesar de anunciar que se ía a inscribir no ano 2010
. Os populares xa rexistraron unha consulta a SUPLUSA para que de conta dos trámites feitos ata a data.
De confirmarse a información verquida, SUPLUSA incumple a Lei de Servizos Sociais porque non reúne os requisitos que establece a Lei 13/2008 de 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.
Asegurou Elena Candia que esta entidade era coñecedora deste requisito previo dende o ano 2010 e así o establecía cando aceptou a encomenda de xestión que lle fai a Deputación para levar a cabo este proxecto
Así o reflexa a acta da sesión plenaria de 26 de outubro do ano 2010: A Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A, co obxectivo de poder cumprir a encomenda de xestión da Deputación provincial e respondendo os requisitos legais que comporta a construcción, posta en servizo e xestión deste tipo de dotacións, está tramitando a súa inscripción no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia, seguindo as esixencias do Título VIII, capítulo I da Lei 13/2008 de Servizos Sociais.
O Partido Popular fará seguimento destas información e pídelle ao Presidente da Deputación que poña a traballar ao equipo humano co que conta nesa institución e deixe de engañar aos cidadáns. Asemade os populares xa rexistraron unha consulta a SUPLUSA apra que de conta dos trámites feitos ata a data.