Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP trata no Parlamento unha proposta para que as forzas políticas de Foz acaden un acordo sustentabilidade

O deputado popular chama a “responsabilidade e reflexión” da oposición en Foz para que non volvan a bloquear un proxecto dirixido a garantir a viabilidade e sustentabilidade da facenda local e a garantir que sigan prestándose con normalidade e calidade os servizos públicos aos veciños

BALSEIRO LEVA AO PARLAMENTO UNHA INICIATIVA PARA PEDIRLLES ÁS FORZAS POLÍTICAS DE FOZ A NECESIDADE DE APROBAR UN PLAN DE SANEAMENTO FINANCIERO.

 A Lei de orzamentos do Estado permite que, de aprobarse un novo plan de saneamento, se reduza do 50 ao 25 por cento a cantidade que o Ministerio de Facenda deixa de pagar mensualemente ao Concello de Foz.

A Mariña, 5 de maio de 2012.- O deputado do Partido Popular de Galicia e secretario da Mesa da Cámara lexislativa galega, Jose Manuel Balseiro, rexistrou unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para que esta Cámara acorde formalmente “manifestar a necesidade da aprobación dun plan de saneamento no concello de Foz”. A iniciativa parlamentaria -da que é autor Jose Manuel Balseiro- busca dirixirse ao conxunto das forzas políticas de Foz e instarlles a chegar un acordo que permita garantir a viabilidade e sustentabilidade da facenda local e tamén garantir que sigan prestándose con normalidade e calidade os servizos públicos aos veciños.

INTERESES XERAIS ANTES QUE PARTIDISTAS

Balseiro está convencido de que se as forzas políticas da oposición “antepoñen os intereses dos seus veciños aos seus particulares e partidistas serán capaces de comprender que o plan de saneamento é unha actuación absolutamente imprescindible e polo tanto farán o posible por aprobalo”. O deputado popular quere que o Parlamento debata e se pronuncie sobre esta situación e, por iso, rexistrou esta iniciativa parlamentaria á vez que fai un chamamento “á responsabilidade e reflexión das forzas da oposición”

No caso de que o Pleno do Concello de Foz chegue a un acordo e logre aprobar agora un novo plan de saneamento, a Lei dos Orzamentos Xerais do Estado permite ao Ministerio de Facenda reducir do 50 ao 25 por cento a cantidade que o Concello de Foz deixará de recibir das achegas mensuais do Estado. Esta sensible redución permitiría dispoñer de máis fondos e situaría á Facenda local nunha mellor posición e liquidez.

BLOQUEO DA OPOSICIÓN

A comprometida situación financeira do Concello de Foz foi resultado da decisión das forzas políticas da oposición (PSOE, UNIFOZ e BNG) que se negaron a aprobar o plan de axuste incluído dentro do plan de pago aos provedores. A normativa establece que neste caso será o Estado o que directamente pague as débedas aos provedores e reduza unha cantidade equivalente ao 50% dos fondos que o Concello recibe cada mes do Estado ata que se salde a débeda contraída. Esta situación implicaba unha redución moi importante de liquidez na facenda local o que poñía en risco a prestación dalgúns servizos públicos en calidade e normalidade ou incluso o pago das nóminas do persoal municipal.

Remitido

Exit mobile version