Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP, no seu afán de clarificar a situación na que se atopan os proxectos das mini residencias, pregúntalle a Suplusa

O Grupo Popularn no seu afán de clarificar a situación na que se atopan os proxectos das mini residencias, trasládalle a Suplusa a pregunta plenaria que Besteiro evadiu responder

 O Grupo Popular preguntoulle a Besteiro no pasado pleno de abril pola planificación das primeiras obras de construcción das mini residencias sen obter resposta

 Candia reincide de maneira constante no coñecemento das pretensións da Deputación en torno as mini residencias ao tratarse dun tema que afecta negativamente á liquidez das arcas municipais

Lugo, 5 maio de 2012- O Grupo do Partido Popular na Deputación de Lugo dálle traslado á Suplusa dunha pregunta plenaria na que se interesa pola planificación do organismo provincial en relación aos proxectos de construcción e xestión das mini residencias, prometidas polo ente en época preelectoral.

Segundo explica a voceira popular, Elena Candia, a evasión amosada polo dirixente do ente, Xosé Ramón Gómez Besteiro, a hora de dar reposta a pregunta rexistrada polos populares na sesión plenaria do pasado mes de abril, conleva que agora o Grupo Popular dirixa de novo a mesma consulta de forma oficial á Suplusa.

De forma concreta, a iniciativa rexistrada para a súa resposta na pasada sesión plenaria de abril incentivarase a raíz dunhas declaracións verquidas polo presidente da Deputación nos medios, o 13 de abril de 2012, nas que sinalaba que no próximo mes se decidirían as primeiras obras da rede de xeriátricos.

Para o Grupo Popular esta resposta amosaba a falta de planificación do ente en relación a construcción e xestión das mini residencias e máis tendo en conta a existencia de tres proxectos preadxudicados en Trabada, Pol e Castroverde. Dada esta situación, o Grupo Popular preguntoulle en pleno polos municipios nos que comezarían as primeiras obras dos centros de atención a maiores e máis cando terían dende o ente provincial previsto o remate da totalidade dos centros programados. Besteiro rexeitou responder unha pregunta que ía dirixida ao presidente da Deputación e asegurou que lla trasladaría á Suplusa.

A promesa preelectoralista do equipo de goberno da Deputación conleva consecuencias negativas nas arcas municipais e agrava a situación de falta liquidez dos concellos nos que se ten previsto construír as residencias. A portavoz popular explica que, dende os municipios, adquirironse solares e inverteuse diñeiro nuns proxectos dos que non se coñece o seu desenlace e que dende o Grupo Popular pretenden clarificar dado o malestar xerados nos dirixentes locais.

Agora, o Grupo Popular trasládalle de forma oficial a mesma pregunta a Sociedade Urbanística Industrial, Suplusa, encargada da construcción e xestión das mini residencias para coñecer así cal é a planificación do ente provincial en relación coas promesas adquiridas cos concellos.

A voceira popular cualifica de incomprensible que non se materialice unha proposta de gran calado para os lucenses e que unha vez máis dende a administración provincial boten balóns fora e culpabilicen a outras administracións de decisións tomadas en época preelectoral. A proposta para a construcción e xestión das mini residencias xa fora aprobada no pleno de outubro de 2010, sen consensuar por aquel entonces a iniciativa con outras administracións e coordinar e optimizar así os escasos recursos existentes en época de crise.

Exit mobile version