Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP oponse á proposta do BNG para incluír 600 mil euros nos orzamentos para adaptar o dique de Alcoa a usos comerciais

O PP OPÓNSE Á PROPOSTA DO BNG PARA INCLUIR NOS ORZAMENTOS 600.000 EUROS PARA ADAPTAR O DIQUE NORTE DE ALCOA A USOS COMERCIAIS

“Nun contexto de crise, impulsar infraestruturas que contribúan a dinamizar a economía como o dique no Porto de San Cibrao, debería ser algo prioritario”, afirmou Jorquera

Madrid, 23 Maio 2012. O PP opúxose no Pleno á proposta realizada polo portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, de incluir nos Orzamentos 2012, unha partida de 600.000 euros para a redacción do proxecto de adaptación do Dique Norte de Alcoa, no Porto de San Cibrao, a usos comerciais.

O Pleno do Congreso debatía as emendas aos Orzamentos Xerais do Estado 2012. Jorquera defendeu as presentadas polo BNG ao capítulo económico e á sección do Sector Público Empresarial. Entre elas, a necesidade de converter o Dique Norte de Alcoa nun porto comercial.

Jorquera, quen asegurou non entender a actitude do PP, afirmou que “nun contexto de crise económica, impulsar infraestruturas que contribúan a dinamizar a economía debería ser unha prioridade”. Este é o caso do “Dique Norte do Porto de San Cibrao, unha actuación que só require de vontade política pois no económico non require dun grande investimento”.

Explicou no Pleno que o Dique Norte está en desuso porque a empresa concesionaria, Alcoa, tan só precisa para o desenvolvemento das súas actividades o Dique Sur do Porto de San Cibrao. Puxo de manifesto que se trata dunha demanda do conxunto de forzas políticas e axentes sociais da comarca de A Mariña. “Precísase a liberación da concesión para que o Dique poida ser aproveitado para usos comerciais que dean saída por mar ás mercadorías”.

Exit mobile version