Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pospuxo a xuntanza con sindicatos de Alcoa cos que se reunirá para semana

O secretario xeral dos populares lucenses pechou esta cita ante a imposibilidade de asistir á xuntanza prevista no día de hoxe

Balseiro Orol manterá unha reunión cos sindicatos das empresas auxiliares de Alcoa o luns 28, ás 16.00h

Cervo, 25 de maio de 2012.- Ante a imposibilidade de facelo hoxe por razóns de axenda, o secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, manterá unha reunión cos delegados sindicais das empresas auxiliares de Alcoa o vindeiro luns día 28 de maio, ás 16.00 horas, no local de plenos do comité de empresa da factoría do aluminio.

Os representantes das empresas sinalaron na petición de xuntanza a importancia que tiña o devandito encontro dado que o PP é a forza política con máis representación tanto a nivel autonómico como a nivel nacional e polo tanto debe ser, neste caso, unha peza fundamental para traballar polo futuro da comarca.

Exit mobile version