Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP segue na lea coa Deputación polo asunto da lei de servizos sociais

A Deputación castiga duramente ao Concello de Portomarín, gobernado polos populares, para cumprir coa lexislación vixente

A presión do Partido Popular fai que a Deputación cumpra coa lei de servizos sociais ainda que lamenta que para cumprila practique o sectarismo

 Os populares califican de lamentable que a Deputación iniciase unha guerra mediática nun tema que está obrigado a cumplir por lei

 Os populares citan outras partidas orzamentarias das que o organismo provincial pode destinar fondos para cumplir con esta lei (exemplo: a axencia de comunicación privada do señor Besteiro)

Lugo a 12 de maio 2012.- Outra vez máis a Deputación de Lugo ven a rectificar a súa falta de rigor, manipulación e engano a cidadanía, dándolle a razón ao Partido Popular, malia a facelo, coma sempre, dunha maneira totalmente sectaria.

Os populares, dende que o goberno provincial comezou cunha guerra mediática, nun tema tan alarmante coma o benestar social, instou e presionou, continúamente, ao Goberno da Deputación para que cumprise coa lei de servizos sociais, (a Lei 13/2008, aprobada polo anterior bipartito da Xunta de Galicia, na que se insta a Deputación a prestar apoio económico, técnico e xurídico aos concellos con menos de 20 mil habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos).

Logo de que a Deputación estivese continuamente botando balóns fora, dando plantóns a representantes da Consellería de Benestar, organizando plataformas…, ao final, e despois de todo isto, ven a rectificar e asume as súas competencias, marcadas por Lei; pero faino dunha maneira totalmente sectaria, caciquil e clientelar: castiga duramente ao Concello de Portomarín, gobernado polo Partido Popular, paralizando o proxecto de construcción dun polideportivo, no lugar de Monte Ferreira.

As formas do goberno da Deputación ainda son máis sectarias, nefastas e cínicas, tras aprobar unha decisión sen comunicarlle nada ao rexedor do concello, quen se entera de algo que vai a suceder no seu municipio por outros medios. Agora é cando o rexedor de Portomarín entende que tanto Presidente da Deputación, como Vicepresidente , evitasen manter unha xuntanza, tras este querer reunirse con ámbolos dende que chegou a alcaldía.

Os populares aseguran que a Deputación está moi doida porque os veciños de Portomarín elexiron un goberno popular, retirando a un goberno socialista da alcaldía, polo que queren saber o que teñen que decir ao respecto os socialistas e nacionalistas de dito concello; presentarán así unha moción instándoos a que deixen as obras tal e como estaban.

Os populares lémbranlle a Deputación de Lugo que hai moitos outros sitios de onde retirar partidas orzamentarias e poñen un exemplo como a axencia privada de comunicación do Señor Besteiro, cuxo orzamento para o 2012 ascende a 2.577.455,00 euros.

A Dirección provincial do PP de Lugo mostrou todo o apoio ao rexedor portomarinense.

Exit mobile version