Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP volve dar as costas a Cervo coa negativa a aceptar unha emenda aos orzamentos do estado para impulsar a apertura do dique norte de Alcoa, asegura o BNG

O PP volve dar as costas a Cervo coa negativa a aceptar unha emenda aos orzamentos do estado para impulsar a apertura do dique norte de Alcoa

A apertura do dique norte é cuestión de vontade política xa que requiriría un investimento mínimo que nin PSOE nin PP durante as súas responsabilidades no goberno estatal están dispostos a asumir.

A apertura do dique norte de Morás ao tráfico comercial podería xerar mais de 400 empregos directos na comarca.

Cervo, 24 de maio de 2012. A pesar das múltiples ocasións nas que a apertura do dique norte de Morás ten sido aprobada, no pleno de Cervo, a pesar das iniciativas aprobadas na Deputación, no Parlamento Galego ou no propio Congreso dos Deputados; nin PSOE nin PP que alternativamente foron collendo as rendas do goberno do Estado estiveron dispostos a asumir a necesidade estratéxica para Cervo e o conxunto da comarca da apertura do dique norte de Morás ao tráfico comercial. Nesta ocasión o PP tivo a ocasión de apoiar unha emenda do BNG aos orzamentos do Estado pola mínima cantidade de 600.000 euros para a elaboración dun proxecto de adaptación do dique norte de Morás, hoxe en desuso, para usos comerciais.

O PP traizoa os seus propios compromisos e os acordos unánimes dos axentes económicos, sociais e políticos.

A apertura do dique norte de Morás, longamente demandado, con acordos unánimes das forzas políticas, económicas e sociais da comarca; nunha situación de crise económica como a actual na que urxe por en marcha alternativas dinamizadoras da economía, non serven os xestos cara á galería como os anuncios do PP sobre o impulso a esta infraestrutura si cando se trata de decidir o seu voto vai en contra de impulsar esta infraestrutura. Non serve de nada apoiar ou impulsar acordos na deputación, no parlamento galego ou nos concellos cando as dúas forzas políticas, PSOE e PP, que rotan o poder político no goberno estatal son incapaces de cumprir os seus compromisos cara a esta infraestrutura vital para Cervo e para o conxunto da Mariña.

Escoller as candidaturas das forzas políticas estatais é garantía de abandono dos intereses da comarca

O Partido Popular, defraudou como o fixo anteriormente o PSOE a confianza dos cidadáns ao votar en contra dunha emenda do BNG aos orzamentos do Estado por importe de 600.000 euros que trataba de impulsar a redacción dun proxecto de adaptación do dique norte de Morás, hoxe sen ningún uso, para dedicalo ao tráfico de comercial. O Portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa afirmou que “cos representantes do PP por Lugo, xa sabemos que non podemos contar , din unha cousa aquí e outra moi distinta cando xa ocupan os seus escanos en Madrid”

Pouco importa ter ministros e deputados que se presentan por circunscricións galegas se cando chega o momento non exercen na defensa do territorio que os elixiu.

A apertura ao tráfico comercial do dique norte de Alcoa ven sendo unha demanda histórica do BNG dende que a empresa Alumina-aluminio foi privatizada por un goberno presidido por Aznar que deu a concesión de uso do conxunto das instalacións a Alcoa até o ano 2022, aínda que sigan sendo competencia da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao e por tanto do Ministerio de Fomento, “e difícil de entender a negativa a avanzar no obxectivo de abrir unhas instalacións, hoxe en desuso, nun momento onde se precisa investimentos que impulsen a economía, capaz de crear 400 empregos directos, cando hai sectores produtivos da comarca que están perdendo oportunidades de negocio por non contar cunha infraestrutura destas características”, concluíu Estúa

Exit mobile version