665.000 euros é o presuposto que a Secretaría Xeral da Igualdade destina ao EMEGA
Barreiro e López Abella apostan polo emprendemento femenino
. As interesadas dispoñen dun mes de prazo para presentar as súas solicitudes a esta convocatoria de axudas, cuxa contía oscila en función dos postos de traballo creados e a natureza das medidas adoptadas, ata sumar un tope de 30.000 euros por empresa beneficiaria
. Ámbolos dous mandatarios, resaltaron a importancia de desenvolver políticas públicas que creen as condicións axeitadas e favorezan as iniciativas empresariais lideradas por mulleres
Barreiro e López Abella resaltaron a importancia do EMEGA, por ser un programa de estímulo ás mulleres emprendedoras, que apoia mediante a concesión dunha serie de axudas económicas para que se establezan como empresarias e consigan así, a súa propia promoción e contribúan á creación de postos de traballo.
“Nesta época de crise, queremos adecuar e mellorar o Plan Emega á realidade económica actual na que nos atopamos, axudar a que se creen e se manteñan empresas e o emprego feminino, polo que a cantidade destinada para este programa é de 665.000 euros, ampliando así os tipos de liñas de axuda para tentar achegar a un maior número de mulleres e empresas. ”- afirmaron.
As persoas interesadas dispoñen dun mes de prazo para presentar as súas solicitudes a esta convocatoria de axudas, cuxa contía oscila en función dos postos de traballo creados e a natureza das medidas adoptadas, ata sumar un tope de 30.000 euros por empresa beneficiaria.
Na convocatoria de 2011, o programa Emega fixo posible a posta en marcha de 82 novos proxectos empresariais liderados por mulleres, o que supuxo a creación de 100 postos de traballo (o 73% de contratos indefinidos). Un dato significativo é que as empresas creadas por mulleres perduran un 30 % máis que as creadas por homes e sobreviven mellor á crise.
O líder dos populares lucenses e a Secretaria Xeral de Igualdade manifestaron que Galicia atópase entre as cinco comunidades autónomas españolas con máis empresariado femenino ao mesmo tempo que manteñen de forma máis constante a actividade emprendedora na actual conxuntura de crise e lideran a creación de negocios de xeito que, no conxunto do país, mentres que os homes cotizantes ao Réxime de Traballadores Autónomos (RETA) descenderon nos últimos 5 anos en casi un 2,1%, as mulleres autónomas incrementáronse nun 7%.
Barreiro e López Abella resaltaron a importancia desenvolver políticas públicas que creen as condicións axeitadas e favorezan as iniciativas empresariais lideradas por mulleres.