Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE cualifica de “hooligan” ao director xeral de Administración Local por atacar ao corporación de Foz

REGO CALIFICA A COMPARECENCIA DE NORBERTO UZAL MÁIS PROPIA DUN HOOLIGAN QUE DO DIRECTOR XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL

O deputado socialista recrimina ao representante da Xunta que atacase unha resolución democrática da Corporación Local de Foz respecto do Plan de Pagos presentados polo goberno en minoría

O socialista manifesta a súa preocupación polo comportamento do representante do Goberno en sede parlamentaria e recordoulle que, en cando non existen maiorías, os acordos se logran mediante o consenso e non pola imposición da minoría

Santiago, 29 de maio de 2012. O parlamentario socialista, Isamel Rego, considerou hoxe que o Director Xeral de Administración Local, Norberto Uzal, actuou máis como “un hooligan” que como un membro do Goberno todos os galegos.

Facía referencia o deputado socialista ás valoracións e acusacións vertidas contra a decisión da oposición do concello lugués de Foz de non apoiar o plan de pago presentado polo alcalde, que goberna en minoría.

Rego manifestou a súa “preocupación” pola intervención do Director Xeral de Administración Local, que “atacou unha resolución democrática do Concello de Foz”.

Para o socialista, comportamentos deste tipo non axudan ó respecto da pluralidade democrática existente nas corporacións locais de Galicia. Algo que “debera defender quen ostenta unha alta responsabilidade no Goberno de Galicia”.

Os ataques de Norberto Uzal, na súa calidade de Director Xeral e nunha comisión parlamentaria, á maioría da corporación local focense “só se poden entender como “unha grave irresponsabilidade” dun representante do Goberno que, poder deberse, a xuízo de Rego, á súa “desinformación” do acontecido no concello de Foz ou a unha “terxiversada e interesada” información que un alto cargo da Administración autonómica debera contrastar antes de comparecer en sede parlamentaria.

Rego recrimina a Uzal Tresandí que descoñeza que os acordos municipais, “cando non existen maiorías”, obtense “en torno a consensos baseados no diálogo e a transacción, e non na imposición dunha minoría dos concelleiros aínda que ostenten a alcaldía”, afirmou.

Exit mobile version