Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz pide que se adiquen 160.818 euros dos presupostos a contratación de 27 traballadores

PSdG-PSOE de Foz e o seu Grupo Municipal fai unha proposta para ser incluída nos presupostos municipais do Concello de Foz.

Unha vez analizados o borrador do presuposto e as diferentes partidas que o conforman, que suman unha cantidade de 5.865.300 euros de ingresos e a mesma cantidade de gasto, os socialistas fan a seguinte proposta para ser incluída en dito proxecto, “Destinar de certas partidas de gastos tales como, postos da RPT que non se cubren ou de outros gastos sen sentido, a cantidade de 160.818 euros a contratación de 27 traballadores, entre peóns e técnicos, a media xornada e con unha duración de seis meses” sen necesidade de tocar as partidas destinadas a Educación, Sanidade, Protección Social, Deportes e Cultura por consideralas moi importantes para a Cidadanía.

O PSdG-PSOE e o grupo municipal considera esta unha proposta clara e concisa dedicada a mellor obra que se pode facer nestes momentos de cara a axudar ás familias e a creación de emprego. Unha proposta que non é para votar e esquecer, é para acordar, firmar e ser refrendada polo pleno da Corporación en documento firmado e aceptado para o seu desenrolo .

O grupo municipal Socialista tende a man a un acordo co equipo de goberno popular e está disposto a aprobar os presupostos e non facer como fixo o PP que en 16 anos de goberno o socialista nunca votou a favor dun presuposto elaborado polo PSOE.

Con este paso cumprimos perfectamente co anunciado aos veciños e veciñas de Foz aos que lles dixemos non aceptariamos o que propoñía do PP que quería subir todos os impostos e a maiores pedir créditos desorbitados para embarcar o noso concello para un montón de anos, concretamente 10, pero que si aceptariamos un presuposto que non recorte partidas como as antes mencionadas, non experimente subas de impostos indiscriminados para os veciños e veciñas de Foz e incorpore a medida anunciada.

Esta é a proposta socialista, calculada con números e con disposición a ser explicada nos foros do Concello, Xunta de Portavoces, Comisión Informativa e Pleno da Corporación, así como a todas aquelas Asociacións que demanden a nosa intervención.

Querían unha proposta para non perder o tempo e facer posible camiñar cara adiante, esperemos que agora non veñan dicindo coma sempre que non hai cartos, que estamos moi mal, que non ingresamos, a proposta que presenta o grupo Municipal do PSdG-PSOE de Foz é para poñer en práctica ou polo menos discutilo. Sempre dixemos que iamos a contribuír con propostas serias e así o estamos facendo, agora toca mover ficha o PP e o seu grupo.

Exit mobile version