Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz reuniu no Bispo Santo en torno a duascentas persoas na tradicional celebración do 1º de maio

Nota de Prensa 01/05/2012

A Agrupación socialista de Foz reuniu en torno a duascentas persoas na tradicional celebración do 1º de maio.

Como é habitual o longo dos anos os socialistas focenses conmemoran esta festa do día do traballo cunha comida na area recreativa do Bispo Santo.

Veciños e veciñas, afiliados e simpatizantes reúnense, tras asistir moitos de eles as manifestacións convocadas no 1º de maio polos diferentes sindicatos, co fin de poñer un broche ás celebracións deste día compartindo mesa e mantel con diferentes personalidades do partido.

Este ano estivemos acompañados polo ex-ministro Pepe Blanco, polo presidente da Deputación José Ramón Goméz Besteiro, polo Senador e Secretario Xeral Lucense Ricardo Varela, polos parlamentarios Sonia Verdes e Ismael Rego, pola vicepresidenta da deputación Lara Méndez e por concelleiros e compañeiros das agrupacións de Alfoz Barreiros, Cervo, Lourenzá, Outeiro de Rei, Riotorto, Viveiro e compañeiros da UXT.

As intervención que fixeron cara os asistentes tanto o portavoz socialista Pepe Rivera , como o Presidente da Deputación Besteiro ou Pepe Blanco, xiraron en torno ao ataque sen precedentes que esta levando a cabo o actual goberno do PP, coa reforma laboral e os recortes en areas tan sensibles como a dependencia a sanidade ou a educación.

Todos eles apelaron a unidade de todos e cada un dos socialistas para ofrecer unha alternativa factible ao goberno de Mariano Rajoy e ao goberno en Galicia do Sr Feijóo. Consideraron que esta batería de medidas adoptadas polo Goberno Central e o da Xunta, eses recortes aos que se empeñan en chamar reformas, non serven para xerar traballo nin confianza, incrementando as desigualdades sociais de maneira alarmante. Mentres se favorece con unha amnistía fiscal aos defraudadores castigase aos traballadores con unha situación de gran precariedade na que poden ser despedidos con moita mais facilidade, soben os impostos, conxelan o salario mínimo, rompen a negociación colectiva cos traballadores e sindicatos dando un poder unidireccional e case sen limite os empresarios. Subir as taxas universitarias, recortar en educación ou facer pagar polos medicamentos aos pensionistas é obsceno mentres non se persiga o fraude fiscal. Recortar sen reforzar as políticas de crecemento solo pode traer mais recesión e mais desemprego.

Todos eles quixeron mostrar o seu apoio aos traballadores, parados, xoves, pensionistas ou emigrantes afectados por esta vaga de recortes, trasladándolles que teñen o Partido Socialista da súa parte na defensa dos seus dereitos.

Remitido

Exit mobile version