Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz sorprendido polas declaracións do alcalde, di que son unha “puñalada” cando están negociando os orzamentos

O Grupo Municipal Socialista e a executiva local do PSdG-PSOE de Foz, mantiveron unha reunión de urxencia, onte mércores, para analizar as manifestacións do Alcalde de Foz nos medios de comunicación sobre a retirada de parte dos fondos que o Estado aporta ao noso Concello.

Segundo o Portavoz do Grupo Municipal,José María García Rivera a reunión foi porque os compañeiros e compañeiras da Executiva non entenden como o Alcalde de Foz tivo a cara de facer unhas declaracións, como as que fixo, nos medios de comunicación cando os grupos políticos do Concello incluído o PSOE están negociando un posible documento para aprobar os presupostos, esto foi unha puñalada trapera e como sempre detrás de esto están os asesores de este Alcalde que vai a deriva- consideran.

O mais normal sería, cando se está en negociación, levar todo documento que teña que ver con esa documentación a reunión para analizar o enviado polo Ministerio e tomar decisións, pero non, este señor colle e alarma a toda Galicia e logo chama para reunirse; esto é incrible.

A Executiva manifestoulle a Rivera que o PSOE foi claro cando dixo que non ía entrar no Plan de Axuste e así se lle comunicou ao Alcalde, pero non hai mal que por ben non veña e as tesis que defenden os socialistas van saíndo, dicíamos que os planes de axuste traian subida de impostos e créditos moi caros para o noso Concello, considerando que o crédito do Plan de Axuste en 10 anos custaría 500.000 euros en interese ,agora si se devolve a débeda en 3 anos serán moito menores os intereses que se terán que asumir.

A Executiva do PSOE estivo moi critica con volver a mesa de negociación que está convocada para o xoves ás 19 horas, os membros da executiva creen que o Alcalde fixo gala de unha prepotencia supina e si se quere estrelarse que o faga, pero que o ridículo que está facendo é algo impresionante. Considerando que o que merecería o Sr Alcalde pola súa forma de actuar seria romper as negociacións, eso non vai ser así, porque tanto a Executiva como Grupo municipal, farán un exercicio de responsabilidade e tendo en conta que a palabra dada debe prevalecer sempre, o PSOE asistirá a dita reunión, xa que os socialistas sempre traballamos na busca do mellor para os cidadáns, independentemente de quen nos goberne.

A executiva manifesta que ten total confianza no Grupo Municipal e no seu portavoz José Maria García Rivera cando asistan a xunta de portavoces para tratar este tema, e que deixan nas súas mans as decicións que se adopten por que consideran que saben perfectamente o que se traen entre mans. Rivera agradeceu a sensatez e comprensión da Executiva Local e a maiores a paciencia que hai que ter para aguantar as deslealtades do Sr. Alcalde de Foz.

Remitido

Exit mobile version