Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE e Foz soprendese de que dúas persoas do PP digan “barbaridades e tonterías” polo plan de axuste

O Plan de Axuste en Foz que non foi considerado pola oposición sirve para que dúas persoas do PP digan unha sarta de barbaridades e tonterías que parece mentira que as realicen un Secretario dun parlamento Galego, Sr.Balseiro e un Director Xeral da Administración Local, Sr.Uzal. Vamos a darlles unha lección básica e xustiña para que se enteren e non volvan a faltar a verdade os cidadáns.

1) É certo que o Concello de Foz non se quixo acoller o Plan de Axuste debido a que era un auténtico atraco, pois tiñamos que pagar unhos altos intereses polo crédito que nos hipotecaria con preto de 600.000 euros de intereses o longo de dez anos, polo que acudimos a outra fórmula que permitía o Goberno no decreto. Consiste en descontar todos os meses unha cantidade, señores do PP, que a data de hoxe non nos comunicaron, polo que non están a descontar nada, non mintan dicindo que xa están a descontar. Con esta fórmula elixida o Concello de Foz aforrará 300.000 Euros en intereses, debido a que a deuda quedará saldada en aproximadamente 3 Anos. ¿Que lles parece as eminencias, Sr.Balseiro e Sr.Uzal. A maiores non poñemos en riesgo nada. Solamente nas súas mentes retorcidas está esa idea, e por suposto os proveedores cobrarán igual.

2) ¿Qué milonga contan do remanente? O Concello de Foz deixou facturas sen pagar por 1.500.000 Euros, máis deixou o Goberno a mediados de Xunio sen cobrar ningún imposto. ¿ Saben as eminencias canto se cobra en Foz entre IBI e vehículos? Tomen a cifra:
DOUS MILLÓNS DOUSCENTOS MIL EUROS. (Sólo dous impostos) polo que de seis meses de Goberno do Psoe tocaralle unha cantidad para pagar as facturas que quedaron pendentes.

Para rematar, falan de facturas sen pagar en Foz por 1.500.000 Euros para 10.000 habitantes. Vamos a poñer exemplos: Barreiros gobernado polo PP, facturas sen pagar por máis de 2 Millóns de Euros con 3.000 habitantes.

Seguimos poñendo exemplos: Cervo, onde o Sr.Balseiro e concelleiro dende Matusalén, a deuda cos bancos: máis de 2 Millóns de Euros, non chega a 5.000 habitantes.

Foz, deuda cos bancos, 900.000 Euros para 10.000 habitantes. Sr.Uzal que se lle ve o plumero, cando leva a este Señor o Parlamento, sí o Sr.Balseiro, e de facturas sin pagar e mellor mirar para outro lado. Xa lle votaremos contas dos intereses que vai a pagar Cervo.

Miren non hai por onde collelos, foron o Parlamento a facer , teatro, comedia, e circo. É decir foron a por lana e saíron trasquilados. Dan pena, cando queiran os dous vemonos nunha mesa e debatimos, sería encantador.

Pepe Rivera Portavoz, Psoe-Foz.

Exit mobile version