Site icon Crónica3.com A Mariña

O tenente de alcalde Viveiro requirirá por escrito unha reunión coa responsable provincial da Xunta para tratar da LU-862

Bernardo Fraga , Tenente de Alcalde do Concello de Viveiro, solicita unha reunión coa Delegada Territorial da Xunta de Galiza en Lugo, Raquel Árias Rodríguez, ante a imposibilidade de contactar coa dirección técnica das obras da LU-862”

A Concellería de Obras do Concello de Viveiro, fai un seguemento das obras que está a realizar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, na LU-862 ao seu paso polo Concello de Viveiro”

Bernardo Fraga, declarou, “hoxe luns, enviarei unha carta á Delegada Territorial da Xunta de Galiza en Lugo, co fin de manter unha reunión para tratar diversos cuestións das obras de mantemento e reposición do firme da LU-862 ao seu paso por Viveiro”. “Dende a Concellería de Obras, tratamos de poñernos en contacto en numerosas ocasións coa dirección técnica das obras, sen que as nosas chamadas foran atendidas en ningún momento por parte da mesma”

Ademais, indicou que “Non é lóxico, que unha administración como a Xunta de Galiza, acometa obras no noso Concello, e que en ningún momento a Dirección das mesmas, nin os responsables dese departamento, se poñan en contacto co Concello para como mínimo informar de cómo se están a executar, ou facer un seguemento coordinado das mesmas”
e

Fraga constatou que as obras van a bo ritmo, e dixo “valoramos moi positivamente a actuación que está a realizar a Xunta en Viveiro para mellorar a LU-862 ao seu paso polo noso Concello, xa que o deterioro e abandono no que se atopa, é perigoso para o tránsito de veciñas e veciños”. “A actuación iniciouse con certo retraso, pero contribuirá a mellorar a circulación por dita estrada”

Por último Fraga, quixo pedir desculpas ás veciñas e veciños de Viveiro, polas molestias que se podan ocasionar, ao realizar as obras de canalización de gas e de resposición do firme de forma simultánea, “Isto ten como obxetivo, realizar as obras a un tempo, para garantir a existencia de todos os servizos nas citadas rúas e evitar a execución de novas obras en rúas xa arranxadas e en boas condicións”

Exit mobile version