Site icon Crónica3.com A Mariña

O XIV Mercado Medieval de Alfoz 2012 arranca o venres con vodas medievais, música e máis sorpresas

O Mercado Medieval de Alfoz 2012 arrancará o venres con vodas medievais, música e máis sorpresas.
Según informa a Comisión Organizadora desta XIV edición, o evento arrancará o venres 20 e continuará o sábado 21 (terceiro sábado do mes de xullo), cunha xornada similar á de anos anteriores. Apostando polo entorno, a historia e a animación. Un amplio programa que culminará a Cea Medieval, con escenificación da queimada e festa.
Asimesmo a Comisión Organizadora deste XIV Mercado Medieval, integrada polo Concello, colectivos locais e veciños de Alfoz, agradece calquer suxerencia (vestiario, animación, decoración, …) colaboración ou intención de participar neste evento xa consolidado na oferta lúdica da Mariña.
Os interesados poden poñerse en contacto con Rebeca (619.913.321) ou Luis Miguel ( 600.377.152). Tamén poden dirixirse á dirección turismoalfoz@gmail.com

Remitido

Exit mobile version