Site icon Crónica3.com A Mariña

O Xoula suma outros tres puntos, esta vez ante o Viveiro FSF ao que venceu por 2-0

VIVEIRO 0-2 XOULA RIBADEO

Outros tres puntos suma o Xoula na súa implacable cuadrícula, esta vez de novo ante o Viveiro FSF ao que venceu por 2-0.

Aínda que as ribadenses xa conseguiran na pasada xornada clasificarse como primeiras de grupo, non foi motivo de relaxación para resolver un importante compromiso de rivalidade comarcal ante un loitador Viveiro que non se entregou en ningún momento.

As ribadenses saíron polo partido desde o primeiro momento e a pesar de que dispuxeron de numerosas ocasións para adiantarse no marcador, ao descanso chegouse co 0-0. A segunda metade foi un calco da primeira, con claro dominio local; Eva e Sabela resolveron o partido favorablemente con dous remates no segundo pau.

Copa Provincial Masculina. O Ribadeo FS pon un pé na final da Copa ao vencer a domicilio ao Baralla FS (5-6). Os mariñáns, que se adiantaron no marcador, marcharon ao descanso coa mínima vantaxe (1-2). A segunda metade foi un vaivén, con numerosas ocasións e goles en ambas as porterías, e aínda que a diferenza no marcador sempre foi a mínima, os locais conseguiron poñerse por diante por única vez co 5-4. A partir deste momento, o Ribadeo conseguiu sentar a cabeza e dar a volta ao partido con dous novos tantos. No último minuto Sergio desaproveitou a ocasión de aumentar esta vantaxe ao fallar un dobre penalti. O vindeiro sábado en Ribadeo, os locais defenderán esta vantaxe no partido de volta que lles dará o pasaporte para xogar a final do día 9, en Lugo.

Ficha técnica

Xoula-Ribadeo FS: Ana, Eva (1), Elena, Elvira e Antía, cinco inicial; tamén xogaron Nuria, Yoli, Sabela (1), Tania Penabad e Iria.
Viveiro FSF: Xiana, Nerea, Rocío, Paula e Diandra, cinco incial; tamén xogaron Raquel, Andrea e Patricia.
Árbitros: Javier Menéndez Nistal e Vanesa Fernández Fernández, da delegación de Lugo.

Exit mobile version