Site icon Crónica3.com A Mariña

Os burelaos esgotarán o último cartucho a domicilio na pista do UPV Maristas Valencia

OS BURELAOS ESGOTAN O ÚLTIMO CARTUCHO A DOMICILIO EN VALENCIA

Os burelaos esgotarán o último cartucho a domicilio este sábado, na pista do UPV Maristas Valencia, para manter viva a chama do espírito laranxa no que pode converterse no sétimo play off de ascenso á elite do conxunto mariñán. O pavillón da Universidade Politécnica marcará o inicio da penúltima xornada de Segunda ás 18.30 horas.

Catro conxuntos entran na disputa dos últimos billetes para o play off neste sprint ligueiro. Con 39 puntos, o UMA Antequera terá a difícil visita do segundo clasificado, Manzanares (53 puntos), á caza do líder granadino (56), e, como contrapunto, o UA Ceutí recibirá o pechacancelas, Playas de Castellón (25). Empatado cos burelistas, o Hotels Plaza Andorra tamén xogará na casa, fronte ao Melilla (31), que escapa do descenso.

O Burela FS Pescados Rubén viaxa a terras levantinas convencido das súas posibilidades e moi motivado tras o golpe de autoridade sobre o FC Barcelona (3-0) da última xornada. Os laranxas deberán desfacerse dunha materia un tanto pendente, a efectividade como visitante, nunha pista moi lenta, á que non están en absoluto acostumados, para bater a un conxunto de traxectoria irregular que ocupa a duodécima praza (33), a pesar de partir como un dos candidatos á zona alta.

No vestiario laranxa, Ique regresa tras un partido de sanción; tamén forman parte da expedición os xuvenís Carlos e Keko. Viaxou ademais Purao, que retomou onte os adestramentos despois de dúas semanas por unha lesión de menisco, aínda que non está asegurada a súa intervención.

Remitido

Exit mobile version