Site icon Crónica3.com A Mariña

Os traballadores da auxiliar de Alcoa do grupo Rodabell teñen convocada folga indefinida todos os luns

Os traballadores da Auxiliar de Alcoa do Grupo Rodabell (RODABEL SA; MONTAJES RODABELL SL; MECANIZADOS RODABELL SL), teñen convocada unha FOLGA indefinida de 1 hora (de 8 a 9 da mañá) todos os luns (o primeiro día será o vindeiro 7 de Maio).

Os motivos son os recortes que unilateralmente e sen xustificación e/ou aviso previo ven aplicando sobre as prestacións e dereitos que dende o inicio da prestación laboral son parte do salario que conleva a contraprestación laboral, como son :

Os TICKETS para o acceso ao comedor de Alcoa.
Complemento de traballo a quendas, (artigo 47 do Convenio provincial de Siderometal)

así como compensacións por traballos extraordinarios:

§ Complemento por CHAMADA (dispoñibilidade fora de xornada laboral)

e para abundar na prepotencia:

§ Disposición arbitraria, por parte da empresa, das vacacións dos traballadores, cando quere dispón das mesmas, si ou si.

§ E como colofón, a ameaza (cumplida o 2 de Maio) de retirar dous meses de xornada intensiva, dos cinco vixentes (do 1 de maio ao 30 de setembro).

O obxectivo da folga é a recuperación dos dereitos recortados, e que a empresa acceda a negociar cos representantes dos traballadores calquera modificación que pretenda aplicar. Dado que a empresa, en varias reunións, non só non se presta á negociación, senón que en cada unha delas anuncia “ameaza” con recortar máis sen outro argumento que os recortes que parece ser que ALCOA lles impon.

Remitido

Exit mobile version